A Deputación de Lugo lamenta que o PP empregue aos traballadores públicos "como arma política"

Os 'populares acusan o presidente da Deputación, Darío Campos, de "multiplicare" o soldo dun membro da executiva local do PSOE lucense a tres meses das eleccións, desmentido polo goberno provincial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2019 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo lamenta que o PP empregue aos traballadores públicos "como arma política", "causando danos persoais e atentando contra o dereito á intimidade". O ente provincial emitiu esta tarde de martes un comunicado oficial despois de que o Grupo Provincial Popular denunciase que o presidente da Deputación, Darío Campos, "multiplica" o soldo dun membro da executiva local do PSOE lucense a tres meses das eleccións.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos

Segundo os populares, a través de "un decreto asinado hai unhas semanas a Miguel Ángel Crende López", secretario de organización do PSOE da cidade de Lugo, "véñenlle de ser atribuídas temporalmente as funcións de celador-responsable coordinador da Terceira Zona".

En resposta, a Deputación lamenta a "información manipulada e terxiversada feita hoxe polo Partido Popular", mentres remarca que "19 traballadores públicos" recibiron atribucións temporais de funcións nos últimos meses.

Ademais, o ente provincial defende que esas atribucións se realizan "atendendo unicamente ao labor, traballo ou á responsabilidade" dos empregados públicos. Así mesmo, censura que o PP "non entende de respecto" e pide que "a vida persoal e privada" dos traballadores sexa respectada.

En concreto, o PP apunta que o traballador provincial ocupa unha praza de obreiro de vías e obras e con este nomeamento, segundo os populares, pasa de ter un "complemento específico de 338,16 euros a 760,37 euros, máis de 400 euros ao mes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta