Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2019 | Actualizada ás 20:35
'Tempo fósil' de Pilar Pallarés no apartado de poesía e 'Extraordinario' de Antón Lopo no de narrativa recibiron os premios de 2018 que concede a Asociación Española de Críticos Literarios na súa sección de lingua galega.
A Asociación Española de Críticos Literarios ratificou así, este sábado, as propostas da Asociación Galega da Crítica. Fíxoo na reunión que celebrou en Vilafranca do Bierzo.
Por unha banda, a asociación galega destaca que 'Tempo fósil' supón o regreso dunha das poéticas "máis reconocibles da poesía galega contemporánea". Pallarés naceu en Culleredo en 1957 e estudo Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
Mentres, 'Extraordinario' é a novela coa que Lopo (Monforte de Lemos, 1961, poeta, narrador e xornalista) alzouse co Premio Narrativa Breve Repsol e estrutúrase en 90 notas de desigual extensión que o protagonista escribe en primeira persoa cando regresa para coidar á súa nai, hospitalizada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.