En Marea irá en coalición ás europeas con Compromís e a súa candidata Lidia Senra será a número dous

Villares cualifica de "magnífico" o acordo alcanzado coa formación de Mónica Oltra. Equo, que nas xerais vai con Podemos e IU, decidiu apostar por esta coalición nas europeas na que tamén participan Chunta Aragonesista e Més.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 12/04/2019 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

En Marea subscribiu un acordo para presentarse ás eleccións europeas en coalición cos valencianos Compromís, Chunta Aragonesista, Equo e Més per Mallorca. Unha candidatura na que a representante de En Marea Lídia Senra ocupará o número dous da lista.

Diso informou este venres o portavoz de En Marea, Luís Villares, que cualificou de "magnífico" o acordo para unha alianza que "permitirá defender os intereses de Galicia" e "construír unha Europa máis solidaria, social e democrática".

Así as cousas, o partido instrumental, desligado dos seus antigos socios Anova, Esquerda Unida e Podemos, confirma o acordo con Compromís, con quen mantiña negociacións desde hai meses. Ademais, nesta lista incorporase Equo, que nas xerais apostou por Podemos e IU.

Ademais, Villares dá por seguro que, grazas ao seu lugar como número dous da lista, a candidata de En Marea Lídia Senra obterá escano nas eleccións europeas que terán lugar o próximo 26 de maio.

AV.- En Marea irá en coalición ás europeas con Compromís e a súa candidata Lida Senra será o número dous
AV.- En Marea irá en coalición ás europeas con Compromís e a súa candidata Lida Senra será o número dous | Fonte: Europa Press

NOVE PARTIDOS

"É un acordo bo para todas as partes", insistiu o maxistrado en excedencia en relación á incorporación de En Marea á coalición Compromiso por Europa, que foi presentada xa o pasado luns.

En Marea únese á alianza na que participan outras oito formacións políticas de todo o Estado: Compromís, Equo, Nova Canarias, Més per Mallorca, Coalición por Melilla, Iniciativa del Pueblo Andaluz, Izquierda Andalucista e Verdes de Europa.

O partido instrumental galego convértese así na última forza en sumarse á alianza despois de que a organización ecoloxista Equo acordase integrarse na candidatura en aplicación da decisión das súas bases, que apostaron por non presentarse ás europeas con Esquerda Unida e Podemos, partidos cos que concorre ás xerais do 26 de abril.

"MAIORÍAS SOCIAIS"

Durante a súa comparecencia ante os medios este venres, Luís Villares subliñou que a candidatura pretende "sumar entre todos coa idea de crear unha gran coalición comprometida con todas as nacións do Estado". O portavoz de En Marea marca "liñas" principais do proxecto: levar ás institucións europeas a defensa do sector agrogandeiro, pesqueiro e industrial de Galicia, a loita contra a "privatización" do estado de benestar e a defensa do medio ambiente.

En síntese, fixa como obxectivo chegar a Bruxelas para "construír unha Europa que mire á cara ás persoas no canto de facelo para os bancos". Para iso, Villares considera que o acordo é "moi satisfactorio" e enxalza a Compromís como "un actor político moi relevante" e "con capacidade de xestión nunha Comunidade Valenciana arrasada polo PP e a súa corrupción institucional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Pérez Chesi

En Compromís non deben saber moito do pack Senra&Candal...

3 Desfeita

Excelente noticia. Voteinos nas últimas europeas aínda sen En Marea, cando sacaron escano que partillaron Sebastiá y Marcellesi, e votareinos desta vez con moita máis convicción.

2 Bablero

Faltam os asturianos para completar a Orquestra Bablera.

1 teutonio

Seguro de que?, sairá Jordi Sebastiá ben merecidamente e chega.