Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/04/2019 | Actualizada ás 16:12
O Xulgado de Instrución número 4 da Coruña, en funcións de garda, decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido tras confesar que matou o seu compañeiro de piso na Coruña.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informaron da decisión do xulgado este sábado, xornada o a que o home pasou a disposición xudicial tras o crime rexistrado o venres.
Segundo explicaron fontes da investigación consultadas por Europa Press, tras a súa detención o home asegurou aos axentes que cometera o crime cun cinto tras manter unha discusión porque, segundo alegou, a victima difundira un vídeo de contido sexual no que tamén se lle vían consumindo sustancias estupefacientes.
En concreto, o arrestado, R.D.R., de 28 anos e nado en Uruguai, avisou á Policía do sucedido sobre as 1,40 horas deste venres nun cuarto piso do número 7 da rúa Honduras, no barrio de Labañou da cidade herculina.
O presunto autor dos feitos, que esperou no portal aos axentes, manifestou aos policías que acudiron á vivenda que matara ao seu compañeiro de piso cun cinto tras unha discusión na vivenda na que residía xunto a outras dúas persoas máis.
Ao acceder ao piso, segundo fontes próximas á investigación, os policías acharon a outro morador que descoñecía o sucedido e que ocorrese un episodio violento porque estaba cos cascos postos na súa habitación, unha das catro que hai no domicilio. Os policías localizaron á vítima tendida no chan doutra habitación coa cara tapada e cun cinto encima do corpo.
DÉBEDA
Segundo as mesmas fontes, o detido e a vítima coñecíanse desde hai anos e dedicábanse supostamente á prostitución. Ademais, o mozo admitiu desavinzas porque supostamente o seu compañeiro de piso difundira por redes sociais un vídeo de contido sexual no que tamén se lle vía consumindo sustancias estupefacientes.
Por iso, e supostamente por unhas débedas pendentes relativas ao pago da súa estancia no piso que compartían con outros dous compañeiros, comezaron a discutir e o mozo posteriormente detido apertoulle o pescozo cun cinto. O caso, que investiga a Policía Nacional, está baixo segredo de sumario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.