División no mundo independentista galego sobre os seus apoios para as eleccións xerais

Causa Galiza pide o voto expreso para o Bloque porque di que é o único que "pode garantir a autodeterminación". Pola súa banda, Agora Galiza - Unidade Popular acusa o BNG de "mornamente soberanista" e "interclasista" e non o apoiará.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

As eleccións xerais do 28-A tamén dividiu ao independentismo galego. Así, mentres que Causa Galiza fai un chamamento aos independentistas a votar polo BNG nestas eleccións xerais por ser un voto “táctico e macizo”, Agora Galiza- Unidade Popular considera inútil apostar por esta formación por ser "monamente soberanistas".

Manifestación por el Día da Patria de colectivos independentistas
Manifestación por el Día da Patria de colectivos independentistas

Causa Galiza argumenta que tanto o bloque  PP, Ciudadanos e Vox, coma o do PSOE con Podemos ou Ciudadanos, é un “modelo de Estado substancialmente idéntico nas questons nucleares: negaçom do dereito de autodeterminaçom, unidade xurídico-política, economía de mercado, integraçom na UE ou  defensa dos intereses do IBEX”.

Ante a imposibilidade de articular unha proposta propia, considera que a presenza parlamentaria nacionalista e independentista no Congreso “alén de parar a soluçom fascista, pode colocar a autodeterminaçom no centro do debate, agudizar a crise e, incluso, bloquear a governabilidade e abrir novas xanelas de oportunidade”.

Esta formación independentista desbota neste momento a abstención para evitar que se conformen bloques “burgueses” ou “fascistas” na Cámara española. “Lançamos esta proposta à massa social independentista galega à vez que reclamamos a liberdade para todos os independentistas galegos presos, o arquivo definitivo da causa aberta contra doze militantes na Audiencia Nacional e o fim da excecionalidade repressiva que o Estado espanhol aplicou ao Independentismo Galego desde o minuto zero do regime de 1978”, conclúe.

"SOBERANISMO MORNO" DO BNG

Por outra parte, a outra formación independentista, Agora Galiza-Unidade Popular, non apoiará a ningunha formación. "Ou bem som candidaturas com o centro de gravidade fora da Galiza, empapadas de chauvinismo espanhol, ou bem som forças galegas de caráter interclassista e mornamente soberanistas”, di en alusión ao BNG.

"Salvo contadas exceçons, a totalidade das candidatutas que se apresentam na Galiza 28 de abril alimentam o ilusionismo eleitoral", engade. Así, a diferencia de Causa Galiza, di que "a principal tarefa da classe operária e do povo trabalhdor galego e contribuir para reconstruir a esquerda revolucionária galega, e levantar umha muralha de aço contra o fascismo, articulando um Bloco Popular Antifascista".

Agora Galiza - Unidade Popular mantivo nas últimas semanas unha disputa co BNG sobre o lema escollido, Agora Galiza, que este partido denuncia que xa foi utilizado por el nas eleccións de 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 AgoraGaliza

Entón se non lles serve o soberanismo morno do BNG a quen van votar os de Agora Galiza? Ao soberanismo fervente de Marea, Podemos/IU, PACMA, PSOE, PP, CS, Vox? Abstención, nulo, branco? Ardo en ascuas! Iluminádenos, oh, faros do soberanismo auténtico!

1 Aburrides

Soberanismo morno do BNG, por non falar directamente de autonomismo disfrazado de soberanismo, que é o que realmente é o actual BNG de boutiques, liberacións e resorts, da man de La Vox de Santi Rey.

6 dven

Aos independentintas pro voto ao BNG o que lles ten que facer reflexionar é porque La Voz de Galicia —o seu xornal inimigo de toda a vida— aposta sen descaro algún polo BNG e Ana Pontón. Que pensen un pouco e saberán a causa.

5 Gaiker

Independentismo tamén son Anova ou o MGS. De feito Causa Galiza e Agora Galiza son as organizacións máis cativas e menos representativas do independentismo actual.

4 €€€€€

Miña vida por un postiño. Iso é todo

3 lóstrego

É irrelevante que un cento de persoas independentistas galegas (eu tamén o son, pero non estou para florituras de morno, quente ou frío) , e con case que o 40% de abstención na nosa terra non vaian ir votar. Remamos contra corrente, éche o que hai!

1 Gamela

Se tivesemos un voto negativo, as urnas estarían cheas... Se poderamos botalos do escano, faría adelgazar as Institucións para coller impulso... Pero aínda non temos a posibilidade de emitir un voto vinculante (ou cumpres as túas promesas ou marchas para casa!) Eu tamén quería vivir do conto pero non teño nin Chalet en Galapagar, nin apartamento na Illa de Arousa, nin siquera na Illa de Toralla... https://i.gal/gamela15 Velaí a Independencia que deberamos esixir (a independencia de criterio!)