GC Aberto

O STEG solicita que retiren ao Valedor do Pobo

Ofrece "información inexacta e incompleta, e polo tanto,falsa"

Por STEG (http://www.stegsindicato.org/) | GC ABERTO | 19/12/2011

Comparte esta noticia

A polémica xerada ao redor da denuncia de UPyD ante o Valedor do Pobo solicitando a retirada do libro da editorial Vicens Vivens de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria por non citar ao castelán como lingua oficial ao mesmo tempo que a lingua propia de Galiza evidencia a estratexia do discurso da “imposición” fronte ao da liberdade, representada ésta neste caso, supostamente, pola “obxectividade” na presentación do artigo 5. do Estatuto de Autonomía.

Que o Valedor do Pobo solicite a retirada dun libro por "información inexacta e incompleta e, polo tanto, falsa", cando na páxina anterior á da polémica cítase explícitamente o estatuto xurídico do castelán conforme á Constitución tanto en Galiza como no resto do estado, acusando ao libro de “carecer do rigor científico imprescindible”, leva ao STEG a solicitar a dimisión do Valedor por ofrecer unha “información inexacta e incompleta, e polo tanto, falsa” sobre o contido do libro ao redor  dun tema tan fundamental para o pobo ao que debe defender como é a nosa lingua propia. As declaracións do Valedor carecen, asemade, do “rigor científico imprescindible” ao afirmar que a información dada polo artigo 5.1 do noso Estatuto de Autonomía é inexacta, revelando, sen dúbida, o que subxace a esta polémica intereseira…hai a quen lle escoce a definición do galego como lingua propia, interesados ou interesadas como están en reescribir a historia do país e da lingua.

Desde o STEG solicitamos, xa que logo, a retirada de Benigno López á fronte dunha institución que debe representar a todo o pobo galego, e non estar, xa que logo, ao servizo das e dos que alimentan a persecución do noso idioma.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Xistral

Pois Daniel La Coruña, filliño, os únicos que tedes problemas con iso sodes os que vivides aquí, os españois aceptan sen maiores problemas que o galego sexa o idioma propio de Galicia. O problema tédelo vós que aquí non sabedes o que sodes e os españois nunca vos quererán polo que queredes ser. Acórdate que cando se rin dos galegos non se rin dos que falan galego, rinse dos que falades español con ese acentillo que vos caracteriza. Sen ir máis lonxe a señora Rosa Díez non hai moito tempo que vos insultou. Parece patético que alguén te mande á mer...da e uns meses despois lle vaias votar...

3 Iván

Coñeces algún neno en Galicia que non sepa falar castelán? É difícil verdade? Algún haberá..pero a que si que coñeces moitos que non saben falar galego? Unha lingua que leva a ser perseguida máis de cincocentos anos, e aínda teñen a cara de dicir que o que se impón é o galego. O mundo ao revés, asi nos vai. Espero que a cousa cambie, e os meus fillos, os meus netos, ou os dos meus coñecidos, podan seguir, se queren, falando GALEGO, o idioma de GALICIA. Longa vida ao galego, a nosa lingua!

2 Iván

Daniel La Coruña, penso que deberías de informarte, ler un pouquiño e ese tipo de cousas. O libro dicía claramente que a lingua oficial de Galicia é o galego, pero tamén dicía claramente que a lingua oficial de España é o español. E iso está demostrado. O libro pon claramente as dúas cousas. Non hai mentira ningunha, máis que a de UpyD e o Valedor do Pobo, ao decir que non é certo que a lingua oficial de Galicia sexa o galego. Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía. Déixade xa de atacar o que é de toda Galicia, aínda que non o fales, é teu, de teus país, dos teus avós... Aínda que non o faledes, déixade xa de intentar destruílo noso patrimonio, a nosa cultura...

1 Daniel La Coruña

El valedor sólo ha hecho lo que es su labor, hacer cumplir la ley. Que el español es oficial en toda España debía ser algo destacado, y no medio oculto. Si por encima el libro reproduce solo los puntos sobre el gallego, está claro lo que pretende Vicen Vives.

1 María

Ti non leches o libro, non? A referencia a que o castelán é a lingua oficial de España non está oculta, está unha páxina antes.

2 Akribéstaton

Esse Daniel é um troll de GC. Eis a "realidade": http://bouvard.blogaliza.org/2011/1...