Jorge Suárez propón derrubar zonas da muralla do Arsenal Militar para poder contemplar o mar en Ferrol

Traslada a idea de crear unha mesa de traballo integrada por todos os grupos municipais e Defensa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O candidato de Ferrol en Común á Alcaldía da cidade, Jorge Suárez, propuxo derrubar algúns tramos da muralla do Arsenal Militar para que veciños e visitantes poidan contemplar parte da lámina de auga que agora permanece oculta polo muro.

Jorge Suárez
Jorge Suárez | Fonte: Europa Press

"Ante o fracaso dos gobernos anteriores" e para "conseguir derrubar algunha parte da muralla", Suárez propuxo crear unha mesa de traballo integrada por todos os partidos políticos que teña como nome 'Ola Ferrol'.

Con esta iniciativa, o aspirante de Ferrol en Común busca facer unha "solicitude unánime" ante o Ministerio de Defensa unha vez que se constitúa o novo goberno local e lograr retirar "determinados tramos da muralla" que, na súa opinión, "xa non teñen sentido" por "non afectar á seguridade".

CRÍTICAS Á XUNTA

Na súa intervención, ademais, acusou ao Goberno da Xunta de "menosprezar" a candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade "apostando por outras como Ribeira Sacra ou Íllas Atlánticas en detrimento de Ferrol".

Respecto diso, lembrou que esta proposta "tiña o consenso do últimos cinco alcaldes". "Temos que entrar nesa lista de UNESCO porque multiplica por cinco a cantidade de visitantes que vén á cidade", incidiu.

Tamén se situou a favor de "seguir potenciando as rutas do Ferrol obreiro, modernista e tratar de facer municipal a Ruta da Construción Naval". Segundo indicou, "algo tan importante como a historia dos estaleiros ten que estar pilotada polo Concello, cunha aposta decidida neste sentido".

En canto ao Castelo de San Felipe, que catalogou como a "xoia" da cidade, incidiu nos investimentos previstos. "Temos máis dun millón de euros para facelo máis atractivo, ademais doutras achegas, onde penso que lle podemos dar un impulso definitivo", apuntou.

ZONA DE ESTACIONAMENTO DE AUTOCARAVANAS

Suárez propuxo, así mesmo, aumentar a zona destinada ao estacionamento de autocaravanas no aparcadoiro do estadio da Malata, unha infraestrutura que considera que "ten moita marxe de mellora e ampliación" e que permitiría "evitar os conflitos que se producen cada ano en praias como a de Doniños, San Xurxo ou Esmelle".

Por último, avogou por promocionar a denominada Ruta dos Faros "en colaboración coa Deputación e o Ministerio de Defensa, par que se logre un turismo familiar desestacionalizado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta