Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/05/2019 | Actualizada ás 16:46
O alcalde e candidato á reelección por Ferrol en Común, Jorge Suárez, mostrou a súa confianza en que a formación política poida repetir á fronte da corporación ferrolá para "seguir traballando" nun novo "ciclo para unha cidade alegre, optimista e combativa".
O rexedor ferrolán votou no CEIP Juan de Lángara, acompañado da deputada de En Común Unidas Podemos Yolanda Díaz.
Suárez fixo un chamamento á "máxima participación" neste domingo electoral do 26 de maio no que "a sociedade está nun punto de inflexión moi importante".
O candidato de FeC mostrouse convencido de facer o traballo necesario para que ao final da xornada a formación poida celebrar "con alegría" unha vitoria que lles permita "seguir traballando para construír un Ferrol mellor".
Desexoulle "sorte" ao resto das candidaturas, aínda que "menos sorte" que á súa, confiado de que este domingo se poderá abrir un novo "ciclo para unha cidade alegre, optimista, combativa" e que se "quite as lousas do pesimismo" que "ás veces cae" sobre a cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.