çNa Coruña Inés Rey pode ser alcaldesa, con 9 concelleiros , empatando en escanos, pero non en votos, cun PP que perde un, malia reter o posto de forza máis votada. Substituírá a Xulio Ferreiro que perdeu o 40% da representación da Marea Atlantica (10 no 2015, agora 6), mentres o BNG dobrou a súa representación, sobindo de 1 a 2. Tanto no suposto de Ferreiro como de Noriega demostrouse que os votos non teñen dono e que probàbelmente os mesmos sectores electorais que deixaron o PSOE no 2015 voltaron agora. En calquera caso, en ambas as dúas ciudades, o PSOE precisará para a estabilidade de cadanseus gobernos de pactos con CA e a Marea Atlàntica. Na Coruña unha improbàbel abstención dos de Xulio Ferreiro daríalle a alcaldía a Bea Mato.
En Ferrol Rey (PP) ficou ás portas da maioría absoluta (quitou 12 de 25) diante do fracaso de Ciudadanos, que perdeu a súa representación. Poderá gobernar o PSOE canda Ferrol en Ciomún (que perde a metade dos seus 6 concelleiros) e o BNG que obtén 2, mais aquí son precisos BNG, os comúns e máis o PSOE para construir un máis ca probábel tripartito.
O PP obtivo un bó resultado en Lugo, obtendo 10 concelleiros como candidatura máis votada, mais o BNG sobiu de 2 a 5, na súa mellor progresión na Galicia urbana e poderá cogobernar coa alcaldesa Lara Mèndez. Mentres, en Ourense, o PSOE poderá gobernar como forza máis votada, dende os seus 8 concelleiros, tendo en conta que Democracia Ourensá, con 7 concelleiros, non lle dará apoio ao bloque da dereita (PP +Ciudadanos).
O BNG obtén un grande trunfo en Pontevedra, ás portas do concelleiro nº 12 con case o 40% dos votos. Canda o PSOE é a forza que máis cumpriu os seus obxectivos, voltando aos concellos de Vigo (con 1) e ao de Ourense (con 2) e avanzando substancialmente en Ferrol, Lugo e A Coruña, mentres obtén o primeiro posto en 24 concellos con varias maiorías absolutas importantes.
Perden as distintas Mareas, polo menos nas principais ciudades. Perde Ciudadanos, que amosa a súa irrelevancia no noso País (Vox nin existe) e perde o PP, malia que amose aínda unha grande forza que non lle permitirá, porén, gobernar ningunha das grandes ciudades.
E gaña sobre todo o PSOE. Dende a inédita maioría absoluta de Abel Cabañero (20 sobre 27) e a maioría absoluta de Vilagarcía até as futuras alcaldías de Lugo, Ourense, Ferrol, Compostela e A Coruña.
Agás Vigo e Pontevedra as demáis ciudades galegas deron, na súa fasquía electoral unha grande reviravolta.