Puigdemont recibiu 1.958 votos en Galicia

Junts per Catalunya, partido que lidera o fugado ex-presidente da Generalitat, foi a decimocuarta forza con máis sufraxios nas eleccións europeas nos colexios galegos. Por provincias, A Coruña foi onde máis apoios conseguiu, mentres que por cidades, Vigo foi na que máis votos recadou.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2019 | Actualizada ás 21:51

Comparte esta noticia

A coalición Junts per Catalunya (JxC), liderada polo fuxido ex-presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, obtivo case 2.000 votos en Galicia nas elección europeas e converteuse na decimocuarta forza con máis sufraxios no noso país.

Carles Puigdemont
Carles Puigdemont | Fonte: @KRLS.

Junts per Catalunya foi a grande sorpresa en Galicia, ao irromper co 0,14% dos votos. En concreto, o independentismo catalán de dereitas –herdeiro da corrupta e liquidada Convergència i Unió– conseguiu 1.958 votos, algo inaudito no noso país.

Aquí, Junts per Catalunya sacou practicamente os mesmos votos que o Partido Comunista de los Pueblos de España, que recolleu 1.964 sufraxios –só seis máis que os independentistas cataláns–; a lista de Puigdemont quedou por riba de Volt –o primeiro partido paneuropeo, xurdido para contrarrestar o auxe do nacional-populismo na Unión Europea–, que conseguiu 1.548 papeletas que representan o 0,11% dos votos emitidos en Galicia.

Os datos acadados por Junts per Catalunya aquí e noutras autonomías non son comparables cos da súa directa competidora, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), partido que se englobou na coalición Agora Repúblicas, alianza electoral formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019  por ERC, Euskal Herria Bildu, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ahora Canarias, Andecha Astur (Asturias) e Puyalón de Cuchas (Aragón). A imposibilidade de desagregar os votos que terían sido para ERC ou para calquera das outras formacións no caso de ir por separado, non permiten facer a comparativa da influencia que cada un dos partidos independentistas cataláns tiveron en Galicia e nas demais autonomías.

En Galicia, a marca BNG-Agora Repúblicas conseguiu 171.500 votos, o que representa o 11,84% dos votos emitidos no noso país e o 13,6% dos que acadou a alianza Agora Repúblicas no total de España, no que sumou 1.257.484 papeletas, o 5,61% dos sufraxios no conxunto do Estado, o que lle outorga tres eurodeputados.

CORUÑA, ONDE MÁIS VOTOS RECIBIU PUIGDEMONT

Por provincias, A Coruña é onde máis apoios recibiron Puigdemont e os seus. En total, Junts per Catalunya sumou 841 votos, o 0,14% do total dos emitidos nesta provincia, ocupando o decimoterceiro posto. Destes, 179 foron da cidade da Coruña, 159 de Santiago de Compostela e 47 de Ferrol.

A suma de votos para Junts per Catalunya nesta provincia representa o 43% do total que acadou esta forza política en Galicia.

En segundo lugar sitúase Pontevedra, onde ocupou o decimocuarto posto, con 643 votos e o 0,13%. Vigo, con 249 votos, é a cidade galega que máis apoio concedeu a Junts per Catalunya, mentres que na capital desta provincia sumou 59 e en Vilgarcía de Arousa foron 26.

Lugo e Ourense empatan, con 237 sufraxios en cada unha destas provincias e tamén o 0,13% das papeletas, se ben en Ourense foi a decimoterceira forza e en Lugo, a decimocuarta. A capital lucense sumou para Puigdemont 69 papeletas, mentres que Ourense cidade lle cedeu 89 votos.

GALICIA, SEXTA AUTONOMÍA CON MAIOR APOIO A JxC 

Excluíndo Cataluña, Galicia é a sexta comunidade autónoma onde máis votos recibiu a opción independentista liderada por Puigdemont, quen agora reside nunha mansión na vila belga de Waterloo.

As comunidades autónomas onde máis apoios recibiu foron, precisamente, as catalanfalantes: Baleares, con 10.663 votos, e a Comunidade Valenciana, con 6.951.

En terceiro lugar sitúase outra autonomía histórica, onde o nacionalismo é maioritario: o País Vasco. Alí, Junts per Catalunya sumou 5.056 papeletas.

Madrid é a cuarta comunidade autónoma en apoio ao independentismo conservador catalán, con 3.745 votos. Na quinta posición colócase Andalucía, con 2.480. E tras esta, Galicia, con 1.958.

En total, en todo o Estado, incluíndo Cataluña, a lista encabezada por Puigdemont conseguiu 1.025.411 votos, o que lle outorga dous escanos no Parlamento Europeo. Os 1.985 votos obtidos en Galicia representan o 0,19% do total de sufraxios acadados por Junts per Catalunya nas eleccións europeas.

Fóra de Cataluña, no resto de autonomías sumou 38.262 votos, o cal representa o 3,7% do total dos sufraxios que acadou esta coalición catalanista independentista. As papeletas en Galicia para esta candidatura son o 5,1% das que sumou Puigdemont no Estado español, alén de Cataluña.

VOTOS PARA JUNTS PER CATALUNYA POR CC.AA.

  COMUNIDADE AUTÓNOMA

  VOTOS

Baleares 

10.663 

Comundade Valenciana 

6.951

País Vasco

5.056

Madrid

3.745

Andalucía

2.480

Galicia

1.958 

Canarias

1.807

Navarra

1.331

Aragón

1.131

Castilla y León

846

Asturias

567

Castilla - La Mancha

564

Murcia

386

Extremadura

310

Cantabria

254

La Rioja

167

Melilla

30

Ceuta

16

Total

38.262

Catalunya

987.149

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 Prístino

Miranda da última vez estivo ano e meio sobre cinco, nom um ano como dis, como deputada da naçom galega. Co incremento do dobre de votos q tivo estará logicamente ainda mais tempo como deputada da Galiza desta volta. Por outra banda a antítese aos interesses galegos nom é o 0'14 % de voto independentista q Puigdemont obtivo no país, mas o 88% de voto espanholista e que trabalham por interesses alheios à Galiza. Suspeitoso esse interesse em mirar pra o dedo em troques de pra a lua.

1 Gamela

Seica hai xente para todo... Mentras Lidia Senra queda fóra de xogo !!! Eu xa non sei onde vivo... esto é Galicia ou unha Sucursal do Catalanismo ?

1 Prístino

De ser sucursal de algo será do espanholismo. Um 88% contra um 0'14% . E só um 12 % de voto (Miranda estará a porcentage q lhe corresponde da lista de Agora repúblicas) pra a opçom galega.

2 Gamela

Supoño que botar apenas 1 ano de 5 non é representar nada! Pero o meu comentario ía dirixido aos que prefiren votar a un "escapista" antes que a unha galega de Pobra de Brollón ! https://resultados.eleccioneslocale...

3 Sentidiño

Isto é unha sucursal do catalanismo onde banqueiros xudeomasóns gardan o ouro de Moscú. Iso si, eiquí a xente é considerada polos seus actos, non por onde naceu. E os actos desa señora de Pobra de Brollón son os que son.

4 Gamela

A campeona en intervencións sería a nosa europarlamentaria Lidia Senra cun total de 1.682 actividades parlamentarias pero cómpre suliñar que xa pasaron 3 anos dende a súa primeira intervención un 14 de xullo de 2014 cando afirmaba que viña da Galiza: un pobo do sur onde se pasaba fame... Para ser xustos deberamos aclarar que Lidia conta con SETE ASESORES que deben ter algo que ver co número total de iniciativas presentadas, se dividimos o número total entre 8 persoas teñen 210 inicitavas per cápita en tres anos! // Estes datos son de Agosto 2017 // http://www.galiciaconfidencial.com/... E non os bulos baratos sobre as vacinas... !!!

5 Lancha

Gamela, primeiro, o concello chámase A Pobra do Brollón, logo é da Pobra do Brollón [da/do], custa tanto respetar a toponimia? Segundo, o teu odio anticatalán e antibloque faite moi españolista casposo, dirás "escapistas" polos refuxiados republicanos do fascismo? E se a xustiza internacional lles será a razón, como fixo a belga, xermana e escocesa, ou unha comisión da ONU, ou coa represión española sobre os medios bascos, pedirás disculpas? E, final, realmente coñeces os asesores e as asesoras de Cerna, de verdade sabes o que dos ou es un falabarato?

6 Gamela

Gracias por aclararme que esa vila a carón de Monforte chámase A Pobra do Brollón ! En canto a ser "refuxiados republicanos do fascismo" (non dás unha no cravo!) O estatuto do refuxiado fala de cando a túa vída está en perigo que non é o caso, republicanos será da República da súa casa (Ikea) porque outra non vexo por ningures, e ata hoxe non vivo nun Estado Fascista (esto chámase Reino de España!) O fascismo está máis do lado a nova policía política que agocha Quin Torrà en Pedralbes! Logo na Pobra do Brollón tiñamos unha galega que daba gusto escoitala falar en Bruxelas, e agora temos unha "pandereteira a tempo parcial" e "refuxiados republicanos que foxen do fascismo" imos ser nós se non andamos con coidado !!! As policías políticas sempre deron moi malos resultados!!!

7 Buceta

Gamela, todos os que fuxiron de España desde 1936 a 1975 era por que a súa "vida estaba en perigo"? Ou, en moitos casos, por ser perseguidos e non poder desenvolver as ideas en liberdade, dignidade e dereitos básicos como é a libre determinación? Votar é delito? Impedir que se pronuncien os súbditos é democracia? A ideoloxía política do inimigo párase nos tribunais? Hai división de podederes de verdade? No idílico Estado democrático español non houbo refuxiados desde 1975? Lembras, desde obxectores (algún ASASINADO polo TERRORISMO patrocinado polo Estado na Franza por ser 'confundido'), pasando por músicos (desde Suso Baamonde a Valtònyc)? Lembras as recentes condenas a España do TEDH polos peches e o encarcelamento de xornais bascos? E nos tribunais de arbitraxe internacional? Non son por xuizos inxustos mediados polos políticos? A xustiza belga non é xustiza democrática?

8 Buceta

Sigo, Gamela. Acaso non está demostrado por sentenzas que hai TORTURA no noso tempo, condenas sen audiencia do interesado e xuizos que non son xustos na honorable democracia Española? Está demostrado, aquí e agora, logo son para confiar a Audiencia Nacional e o TS? Sabes do caso Atutxa? Como será que os erros son siempre CONTRA nacionalistas periféricos? E os protexidos nacionalistas españois? A xustiza arxentina, cando pretende investigar casos que a española pechou en falso, non está evidenciando franquezas do sistema, ou ao non tocar determinadas familias, e sangues reais tanto hispano-galas como árabes? USA, Reino Unido e Ecuador son democracias perfectas e Assange un 'escapista'? Gamela é un verdadeiro demócrata que predica desde a igualdade e o respeto á pluralidade ou un provocador que como españolista supremacista séntese amparado por riba?

9 Buceta

Remato, Gamela, ao teu estilo, cun enlace ao artigo titulado "O xuizo do procés é unha farsa", dun autor que non 'escapou', e que resume moi ben o que din dos supostos delitos expertos xuristas nada sospeitosos de nacionalismo catalán. Claro que, se cadra, ti sabes máis de Dereito, ou es máis libre, progre e independiente... Ou, tamén podería ser, precisas víctimas a quen oprimir por pensar e actuar en consecuencia, desde ditados do teu supremacista nacionalismo español, nun xuizo farsa amañado, sobre ideas igual de democráticas e identidades igual de lexítimas, para satisfacer as necesidades de vinganza. Entón, sendo o xuizo unha farsa, quen es ti, desde as túas comodidades ideolóxicas, para falar dos que escollen escapar ou dos que prefiren ser mártires ou propagandistas políticos? https://www.sermosgaliza.gal/opinio...

10 Gamela

Fas demasiadas preguntas para poder contestalas todas (pero vexo que tí xa tes a túa resposta!) O único que podo dicirche é que para falar de Memoria Histórica o máis sensato sería comezar polo final... os mortos máis recentes aínda reclaman xustiza, e non vexo causa xeral para reivindicar a súa morte...? (Será por que son mortos que NON interesan a ninguén?) https://i.gal/gamela04 Os que aínda temos memoria sabemos que aquel setembro do 1975 ninguén abriu a boca e ninguén saiu ás rúas a dicir absolutamente NADA! E seica agora todos sodes "republicanos de salón" con abogados que cobran 1000 €/ hora e con casa en Waterloo? Eu con "supremacistas cataláns con oratorio privado en Montserrat" non teño absolutamente NADA EN COMÚN !!!

11 Lancha

Gamela, estás no certo, a ti nada te emparenta con Puigdemont, Pontasí, Romeva, os Jordis, Junqueras, Forcadell, Comin, Rovira, Gabriel... Nada de sensibilidade cos actuais presos e con exiliados políticos!!! Nin con especialistas que denuncian as arbitrariedades da xustiza española, como Pascual Sala, López Garrido, Pérez Royo, Gimbernat ou González Cuéllar. E si, ALGO EN COMÚN (quizais moito), con Llarena, Marchena, Fernández Díaz, Casado, Rivera, Abascal..., até con Gloria Lago!!! E mira que coincides na perversión da linguaxe e no credo cos chavales moderados e modélicos de Vox, os "fascistas" e os "supremacístas" son os outros... ("A por ellos!"). Grazas por aclararnos a raza de paxaro que es!!!

12 Gamela

Vexo que tes bo ollo para identificar disidentes... podes pedir praza na nova Policía Política dáseche ben facer de Inquisidor... (en Pedralbes seica pagan ben!) https://www.lavanguardia.com/politi... A túa clarividencia pode ser útil para Depurar Traidores á República Catalana !!! Amén. Que peniña dades facendo a guerra dos señoritos da dereitona catalana do 3%... Adiante a estafar aos pobres que para eso están, para PAGAR a vosa Policía Política !!!

13 Esperantista

Gamela, supren al Hispanio! Xa sabíamos que estabas na liña familiar de Pío Moa, Rodríguez de segundo...

14 Gamela

Para concluir... se hai alguén que poda defender ao cabezudo de Waterloo sen dúbida é outro cabezudo que anda a pescudar a Nación Gallaecia no século XI e segue atrincheirado no CERNE(a) da UPG (e só il ten as esencias da república que nunca existíu!) http://www.galiciaconfidencial.com/... ¿Haberá algún día no que deixemos de falar en clave amigo/inimigo? A República Somos Todas (mesmo as disidentes!)