Por E.P. | A CORUÑA | 30/05/2019 | Actualizada ás 18:23
O persoal de Extel na Coruña secundará este venres unha folga de 24 horas e unha concentración en demanda de melloras laborais e salariais e contra os "despedimentos arbitrarios".
Segundo informan a centrais UGT e CIG, trátase dunha convocatoria conxunta dos distintos sindicatos, que argumentan problemas no pago dos incentivos, "insuficiente" formación do persoal e material de traballo "en mal estado".
Ademais da folga de 24 horas, o comité convocou unha concentración, ás 12,00 horas, ante o Edificio Proa de Matogrande, onde se atopan situadas as oficinas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.