Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 06/06/2019 | Actualizada ás 17:52
O alcalde en funcións de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou que o pago dun complemento de produtividade a dous funcionarios asinado tras as eleccións é "un asunto de trámite e que xa viña aprobado con anterioridade polo interventor".
Este xoves, Suárez respondeu ás preguntas dos xornalistas sobre a resolución asinada o 29 de maio, tres días despois das eleccións municipais, na que outorga "un complemento de produtividade" a dous funcionarios do Centro de Recursos Informáticos (CRI), coa máxima cantidade económica posible, concretamente 3.000 euros a percibir de forma trimestral.
O aínda rexedor ferrolán sostén que este complemento se outorga "en base a un plan de traballo aprobado polo xefe de negociado", xa que ao seu entender trátase dun asunto que "non é de administración extraordinaria e que vai ser para completar os traballados da administración local".
Así, xustifica o pago deste 'plus' de produtividade en que a estes traballadores "se lles encomendou unha serie de traballos para modernizar o Concello", tarefas que "teñen que facer fóra da súa xornada ordinaria".
Ademais, alega que este pago "é algo lícito, legal e absolutamente imprescindible", á vez que afirma que esta decisión a tomou polo seu papel como "alcalde saínte". "Non teño máis que interese en beneficiar á administración para lograr estes procesos", apostilou.
UN EXPEDIENTE XA INICIADO
Suárez asegurou, para xustificar a firma do decreto tres días despois das eleccións do 26 de maio, que "este é un trámite que viña iniciado de antes e, por iso, é a continuación dun expediente xa comezado".
A continuación, incidiu en que "hai outras produtividades pendentes de aprobar pola intervención municipal", algo que encadra dentro dos "asuntos da administración ordinaria" da corporación local. "Se se dá ese visto e prace, eu asinarei como sigo asinando cada día certificados de empadroamento ou decretos de días de asuntos propios", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.