Como quere a rapazada que sexa un Día das Letras?

A RAG abre a participación de nenos e nenas a través dunha web para que os máis novos opinen sobre os homenaxeados o 17 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega mantén aberto ata o 22 de xuño o prazo para participar na terceira edición do concurso 'Contádenos o voso Día das Letras', que premiará os proxectos desenvolvidos en centros de educación infantil e primaria en relación con esta celebración, dedicada este ano a Antonio Fraguas.

Todos os traballos serán difundidos a través da web 'Primavera das Letras', creada pola institución para achegar de forma lúdica ao público máis novo a figura do autor homenaxeado o 17 de maio.

Cada colexio poderá presentar unha ou máis iniciativas centradas no Día das Letras Galegas de Antonio Fraguas. Os responsables deberán remitir un correo electrónico a contacto@primaveradasletras.gal cunha breve explicación da iniciativa e os links que recollan as actividades realizadas ou o material acreditativo.

Nas dúas primeiras edicións do concurso foron premiadas oito escolas: o CPI Virxe da Cela de Monfero, o EEI do Milladoiro de Ames, o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña, Antonio Fernández López de Sarria e Carlos Casares de Vilariño de Nigrán; o Colexio Plurilingüe Os Casais de Fene e o do Carballal de Marín; e o CRA Amencer de Ribadavia.

Hermanager Humor - Antón Fraguas - Día das letras 2019
Hermanager Humor - Antón Fraguas - Día das letras 2019

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta