Por Galicia Confidencial | Taboadela | 10/06/2019 | Actualizada ás 12:56
A CIG pídelle ao Concello de Taboadela que limpe a contorna do centro de atención a persoas maiores pola súa “situación de abandono total”, tanto por parte do propio concello como do mesmo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Así, denuncia que nos últimos días víronse varias serpes “de tamaño considerable” nas inmediacións deste edificio. “Mesmo se chamou o centro de control de plagas (COSAPLA) e o Seprona donde eles mesmos recoñeceron que hai que cortar a maleza”, apunta a central sindical nun comunicado. A Dirección do centro xa puxo esta situación en coñecemento do concello que, segundo a CIG, “negouse a realizar a limpeza”.
“Dende este sindicato esiximos que se deixen de pasar a pelota uns aos outros e se acondicionen os arredores do centro para que os nosos maiores poidan gozar dos seus paseos sen que supoñan un risco para a súa saúde”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.