VOTA | Reintegracionismo, si ou non?

Debe a normativa galega achegarse máis á portuguesa?

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O debate sobre o reintegracionismo está cada vez máis vivo. O papel que debe xogar Galicia e a súa lingua no mundo lusófono ten aberto apaixoados debates.

Iniciativa posta en marcha no mundial de Brasil para impulsar o galego-portugués
Iniciativa posta en marcha no mundial de Brasil para impulsar o galego-portugués | Fonte: omundialfalagalego.com

Os que están a prol do reintegracionismo argúen que favorece o contacto cultural e o desenvolvemento socioeconómico das dúas comunidades que falan galego e portugués, ademais de aportar argumentos históricos para a unificación ortográfica galego-portuguesa, contra a normalización oficial da lingua propia de Galicia e a súa "castelanización", defenden. Tamén consideran que daría máis peso internacional á nosa lingua, nunha comunidade, a lusófona, de máis de 260 millóns de persoas.

Os que se posicionan en contra argumentan, basicamente, que aínda que o galego e o portugués comparten unha mesma raíz, son dúas linguas diferenciadas e con entidade propia, froito dunha evolución histórica, polo que o reintegracionismo faría perder a identidade singular galega.

Aínda que a Real Academia Galega é partidaria da normartiva oficial actual, o seu presidente, Víctor Freixanes, lamentou recentemente a escasa implantación do portugués nos centros educativos galegos e reclamou unha maior presenza deste idioma nas escolas "como lingua irmá" para así "potenciar a proxección exterior" do galego.

Coa idea de coñecer o posicionamento dos nosos lectores, lanzamos esta enquisa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

10 Ricardo

o galego ou é galego-português ou galego castelhano, não há outra opção

1 mentireiros

O galego é galego, as outras son outras linguas.

9 Devanavian

Todos os galegofantes que lemos GC vemos o futuro do "castrapo" RAG-RTVG ó noso redor: ningún, o galego está morto nas novas xeracións e castelanizado nas medias. Usar unha norma achegada ó portugués (ollo, non o portugués directamente) e a inmersión lingüística dos cativos (que de seguido verán a utilidade dun galego internacional no seu CCVV) son o unico xeito de salvar a nosa lingua. Pero co PPSOE nas institucións e o seu casposo españolismo vexo a cousa mal... Hai moito vividor do castrapo niste país e iso interesa a Madrid.

8 MSg8

O galego é tan diferente do castelán coma do portugués, e a normativa describe un idioma, non o inventa, segundo as ideas de cada quen.

7 susi

Logicamente SIM

6 lóstrego

Reintegracionismo ou barbarie!