O BNG pide a comparecencia do conselleiro de Industria ante supostas irregularidades nos contratos con Pemex

Denuncia as relacións cos directivos que están a ser investigados por corrupción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

O BNG pediu a comparecencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde, ante supostas irregularidades detectadas nos contratos da petroleira mexicana Pemex con Galicia.

PEMEX.
PEMEX.

A portavoz de industria, Noa Presas, insta o Partido Popular a explicar "as súas relacións con Emilio Lozoya, Carlos Roa e José Manuel Carrera Panizzo", directivos de Pemex que, asegura, "foron bendicidos polo Goberno de Feijóo" pero están a ser investigados por "corrupción".

Ante o anuncio de que tamén se revisarán en México os contratos da petroleira con Galicia, o BNG sostén que a operación de venda de capital venezolano do estaleiro vigués Barreras "ten máis sombras que luces, ademais dun impacto negativo sobre a imaxe do sector naval galego".

A deputada e portavoz de Industria do BNG recalca que "o Goberno galego non ten avaliado o impacto dunha operación, máis aló das promesas sen cumprir" de "14 remolcadores, 2 quimiqueiros, 3 buques tanque, 1 atuneiro, a construción da frota menor de Pemex para as empresas galegas ou a base loxística de Punta Langosteira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta