Críticas a Juan Carlos de Borbón por "lexitimar" a propiedade dos Franco sobre Meirás e a Casa Cornide

Protestas na Coruña no 50º aniversario do nomeamento do monarca español coma sucesor de Franco.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/07/2019 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Cando se cumpre o 50º aniversario (1969-2019) da designación polo ditador Franco de Juan Carlos de Borbón como o seu sucesor na xefatura do Estado unha serie de entidades que forman parte da Plataforma Galiza pola República convocan unha concentración o vindeiro 23 de xullo. Entre estas entidades están a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación Cultural O Facho, Centro Social Gomes Gaioso, Anova, Bloque Nacionalista Galego, Corrente Vermella, Podemos, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca e Confederación Intersindical Galega.

Mensaxe do Rei Juan Carlos I
Mensaxe do Rei Juan Carlos I

Durante esta protesta, os convocantes criticarán este nomeamento e lembrarán que durante os seus 39 anos de reinado, o rei Juan Carlos nunca condenou a ditadura franquista e nas súas manifestacións públicas lexitimaba esa ditadura. "A monarquía borbónica está agradecida a Franco e a súa familia porque Juan Carlos foi rei pola designación do ditador", suliñan desde a plataforma.

A entidade organizadora suliña que haberá unha mesa informativa no Cantón Grande da Coruña o venres, 19 de xullo, de 18 a 21 horas para difundir o folleto e a convocatoria da concentración. As actividades continuarán o 9 de setembro coa organización dunha mesa redonda con historiadoras/es e xuristas sobre o tema “Monarquía ou República? Que o pobo decida”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

E Carlos I non foi Emperador / polo tanto o reino de España é unha colonia prusiana) / Os revisionismos historicistas son un mal refuxio para os vellos políticos que non foron quen de abrir a boca mentras cobraron como deputados 11 anos no Parlamento de España (Paco Rodríguez) CIG (UPG) http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 sghh

O Bloque, as súas xuventudes, asociacións e o seu sindicato; e para decorar tres gatiños comunistas, anarkas e outros independentistas. Está ben segura a monarquía oh. Asustan.