Teixeira de Pascoaes publicou no ano 1915 un libro titulado “A arte de ser portugués”, escrito para chamar aos seus compatriotas ao compromiso coa identidade. Nel afirma que ser portugués é unha arte de gran alcance nacional, e, por iso, ben digna de cultura, porque “o portugués participa da herdanza étnica, histórica ou tradicional, adquirindo así unha segunda vida que, por máis vasta, abrangue e domina a súa existencia de individuo”.Foi seguidor dunha filosofía que tivo moito predicamento na Europa do primeiro terzo do século XX.
Tamén o galeguismo dese período histórico participou dela para rescatar os valores identitarios esmagados polos Estados. Otero Pedrayo foi un dos afervoados defensores dese pensamento.