Artigos de Xosé Glez.

Dobre nacionalidade para os veciños do Couto Mixto

Os habitantes dos pobos de Santiago, Rubiás e Meaus tiñan o privilexio de escolleren a nacionalidade portuguesa ou española. No día do casamento, os que querían ser portugueses bebían un copo de viño na honra do rei de Portugal e mandaban gravar na casa de morada un P (Portugal); os que preferían a nacionalidade española mandaban brindar polo monarca de España e gravaban un G (Galicia) na casa para onde ían vivir.

Xil Ríos, o trobador de Moaña

A corporación municipal moañesa acordou nomear Fillo Predilecto a Xil Ríos, distinción que lle será concedida o próximo venres no acto institucional que se celebrará na Casa do Concello. A proposta partíu da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) que axiña foi refrendada con entusiasmo por máis de corenta entidades culturais e un sector da cidadanía que tamén a respaldou, grazas ao traballo eficaz de Manolo Méndez.

Mudarnos os hábitos de consumo

As recentes declaracións dun partido político recoñecendo que durante moitos anos non puxeron abondo acento na política lingüística son moi ilustrativas. Porque admiten por primeira vez que a mala saúde da lingua galega non ten un único responsable; eles, na parte que lles toca, tamén o son. Durante moitas décadas as súas prácticas ignoraron os espazos inéditos de gran valor estratéxico.

Xosé Velo Mosquera, a paixón pola revolución

Hai cincuenta e cinco anos unha acción audaz protagonizada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) secuestrara o paquebote “Santa Maria”, con oitocentas persoas a bordo entre pasaxe e tripulación, entre os que había moitos galegos. Os medios de comunicación agocharan as intencións políticas do secuestro, para chamar a atención da opinión pública mundial e condenar as dictaduras de Franco e Salazar, en España e Portugal.

Olimpia Valencia, pioneira da xinecoloxía en Galicia

Adiantándose ao centenario do seu nacemento a Irmandade da Sanidade Galega, celebrará tal efeméride homenaxeando a Doutora Olimpia Valencia López, a primeira muller médica colexiada, especializada en toco-xinecoloxía.

Funcionarios e xuíces exemplares

Hai ben pouco tempo acudiamos á Fonsagrada para festexarmos un feito insólito na historia da lingua galega: cumpríanse vintecinco anos de ininterrompida actividade xudicial en lingua galega do seu Xulgado. O mérito correspóndelles a partes iguais aos funcionarios e os catro xuíces que por ali foron pasando sucesivamente: Xoán Montes, Alberto Beneitez (que malia a súa oríxe vasca fixo o esforzo de estudar a nosa lingua), Luís Villares e Eladio Prieto. Nos arquivos daquel organismo xudicial están custodiados centos de sentenzas escritas en galego.

Na lingua dos defuntos

A memoria lingüística dos veciños da parroquia de San Facundo de Ribas de Miño do Concello da Paradela (Lugo) está correctamente reflectida no seu cemiterio. É un exemplo que non debera pasar desapercibido. Tomouse esta coherente decisión en 1997 cando a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia dicidíu levantar os enterramentos do adro da igrexa do século XII co gallo da súa restauración; trasladou os restos a un novo cemiterio, pero tivo o bo acordo de galeguizar as lápidas.

A Universidade de Vigo máis galega

Pola volta de 1957 un equipo relevante de persoas dedicadas á ciencia, á técnica e á vida económica, entre os que sobranceaban Cruz Gallástegui, director da Misión Biolóxica de Galicia; Álvaro Gil Varela, Antonio Fernández e Isidro Parga Pondal, todos os tres directivos de Cementos Oural e Zeltia, entre outras, decidiron crear a Revista de Economía de Galicia, facendo parte do seu Consello de Dirección, dirixido por Xaime Illa Couto, e anos despois por Xosé Manuel Beiras.