Hai un total de 135 letrados galegos que colaboran neste servizo de asesoramento e orientación xurídica para casos de cidadáns en risco de perder a súa vivenda por unha execución hipotecaria ou a propietarios afectados por ocupacións.
  comenta   0
"A Mesa non debe conceder unha nova prórroga para a prestación de emendas e permitir que o texto poida iniciar o seu debate o máis pronto posible", incidiu Néstor Rego na Mesa da Cámara Baixa
  comenta   0
O goberno local culpa á Xunta de "falta de resposta" e o Executivo autonómico lémbralle que rexeitou en dúas ocasións o seu convenio de colaboración.
Ángeles Vázquez insiste en que a administración autonómica non declarará de oficio zonas tensionadas, pero "non vai ir en contra da lei". Dende o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, sobre a problemática para acceder a unha vivenda, apostan por dar "facilidades e seguridade xurídica aos propietarios" para que poñan as súas vivendas no mercado. "As administracións non crean vivenda pública e preténdese que sexan os pequenos propietarios, os maioritarios, os que solucionen o problema", critican.
  comenta   0
A zona de almacenaxe contén palets de lousa que, a causa do desafiuzamento, non puideron sacarse á venda que calculan que ten un valor de "millóns de euros en lousa" e que os sindicatos reividican que "pertencen aos traballadores".
  comenta   0
Rogelio López lamenta que o presidente dos comuneiros e o seu avogado optaran por solicitar o desafiuzamento nos tribunais, e o grupo de empresas, pola súa banda, solicitou a expropiación dos terreos, que a Xunta de Galicia concedeu.
  comenta   0
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pediu este venres que as partes implicadas dialoguen e cheguen a acordos para evitar que o conflito "vaia a maiores", no que respecta aos terreos da louseira Samaca do Barco de Valdeorras, unha das máis relevantes do sector na comarca e onde a Garda Civil executou esta mesma semana unha orde de desafiuzamento.
  comenta   0
Uns 230 traballadores protestan este martes ante o Concello do Barco de Valdeorras despois de que a Garda Civil executase á primeira hora da mañá unha orde de desafiuzamento da louseira Samaca.
  comenta   0
Galicia conta con máis de medio millón de vivendas baleiras ademais de ter no seu territorio dez dos vinte concellos españois con maior número de casas e pisos desocupados. O incremento dos alugueres para destinalos ou a vivenda turística ou poder sacarlles un rendemento superior e o dereito á propiedade privada sobre o dereito á vivenda digna son algunhas das orixes da falta de parque habitacional no país.
  comenta   0