"A maior parte da Historia da Terra estivo dominada polas bacterias, que non se extinguiron aínda que aparecesen seres moito máis avanzados que elas como animais ou o ser humano, e o ser humano desaparecerá e elas seguirán estando aí, polo tanto, se imos buscando vida fóra da Terra, o máis sinxelo é que atopemos seres microscópicos, semellantes ás bacterias", reflexiona a investigadora do CSIC.
  comenta   0
Só no noso universo observable habería ao redor de 100.000 millóns de galaxias, cada unha delas con decenas ou centos de miles de millóns de estrelas e, polo tanto, con trillóns de sistemas planetarios. O presidente da Sociedade Española de Astronomía, Benjamín Montesinos, desvela canto sabemos doutros sistemas planetarios.
  comenta   0