A Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AEGA-CAT) elixiu como novo presidente a Amancio López Seijas, de Grupo Hotusa, de forma que sucede a Carlos Fernández (Filmax), quen exerceu o cargo desde 2019.
  comenta   0
Este martes Feijóo acode a un centro de adicións tecnolóxicas e pide protexer aos menores do contido en redes, non só do porno.
  comenta   0
Segundo o calendario do Real Club Náutico de Sanxenxo, está previsto que na xornada do xoves se desenvolva a competición da clase 6 metros, na que, presumiblemente, Juan Carlos I participará a bordo do seu barco o 'Bribón'. O rei Felipe VI tamén estará en Galicia o xoves, na illa da Toxa.
  comenta   0
Juan Carlos chegará á localidade pontevedresa de Sanxenxo o vindeiro luns para participar nas regatas que se celebran desde o xoves na localidade. Felipe VI chegará á Toxa o xoves para participar no acto inaugural, onde se entregará o III Premio Foro La Toja.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, enxalzou este domingo "os lazos históricos de irmandade" entre Galicia e Asturias e puxo en valor que a proximidade que sempre existiu entre ambas as comunidades "consolidouse como un sentimento de cooperación e entendemento recíproco que hai que seguir mantendo e transmitindo aos descendentes".
  comenta   0