Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ofelia Rey Castelao, historiadora e escritora galega de recoñecido prestixio que ten investigado moito sobre a figura da muller migrante e que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "as mulleres tiveron que traballar ao longo de todas as épocas históricas", moitas delas "migrando cara as grandes cidades e cara América", e non todas coa intención de casar.