O conselleiro do Mar explicou que o obxectivo é establecer un plan de acción vinculado á formación, á ciencia e á investigación para, "unha vez pasada esta etapa e analizados os datos", no principio do ano póidase "avaliar as posibles sementeiras que hai que facer, e sempre con estirpes máis resistentes a estas novas climatoloxías adversas que están a provocar a mortalidade".