A burelesa María Platero é unha atleta multidisciplinar. Comezou facendo surf e traballa nunha empresa dedicada a esta especialidade. Mais estando en Canarias foi cando lle dixeron que tiña aptitudes para correr sobre todo na modalidade de trail. Non lle gusta correr polo asfalto mais facelo por áreas de montaña e bosque si que lle fai sentirse cómoda.
Maite Rojo, atleta, mariña e colaboradora do GC, inicia un novo reto. Percorrerá o Camiño Primitivo, 312 quilómetros, esta fin de semana dun tirón. Aínda que xa leva por diante numerosas probas coma esta, sempre hai un aquel de nervios antes do inicio. A corredora quere dedicarlle aos seus pais esta carreira pensando en visibilizar as dificultades que atravesan persoas con enfermidades raras e o tortuoso que pode ser para elas.
  comenta   0
O vindeiro 25 de setembro terá lugar o 1º Trail de Allariz cun percorrido que transcorrerá polo casco urbano e polos montes da contorna.
  comenta   0
A moda dos deportes de risco atrae entre outros, a persoas que non miden todas as variables que puideran afectarlles durante unha competición. O trail running, un deporte moi agradecido física e psicoloxicamente, debe practicarse logo de períodos longos de adestramento. Esta proba de resistencia, de non ir en condicións, pode resultar contraproducente.
  comenta   0