VOTA | Débese acabar coas corridas de touros en Pontevedra?

GC pregunta aos lectores a súa opinión sobre a celebración da única gran feira taurina que subsiste en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 08/08/2019 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Volven as protestas a Pontevedra ante a celebración, un ano máis, das corridas de touros no marco das Festas da Peregrina. Os animalistas esixen, un ano máis, a supresión deste evento e que o Concello retire o convenio asinado cos donos da praza de touros, os irmáns Lozano, que xa agarraron uns 800.000 euros de diñeiro público desde que o goberno local activou o convenio anual con eles no ano 2000.

Corrida de touros.
Corrida de touros.

Ese convenio permite encher de publicidade as rúas da cidade para promocionar as matanzas de touros, mentres que o Concello se beneficia co aluguer da praza de touros de San Roque para a organización de eventos como a Feira Franca. 

Os animalistas argúen que, deste xeito, o Concello está contribuíndo a manter un espectáculo cruel ao inxectar cartos públicos ao sector e "engraxar toda a maquinaria taurina necesaria para programar festexos taurinos cada ano". Pola súa banda, o goberno local xustifica que retirou as subvencións directas ás corridas de touros e que o diñeiro que aporta cada ano aos irmáns Lozano lle permite aforrar millóns de euros para organizar eventos como a Feira Franca.

O pasado mes de abril, a Plataforma Galicia Mellor sen Touradas' cuantificou a súa recollida de firmas contra as corridas de touros en territorio galego en máis de 377.000 sinaturas. A asociación sinalou que a adopción da Lei que regula a tauromaquia como Patrimonio Cultural e as sentenzas do Tribunal Constitucional contra a abolición en Cataluña nas Illas Baleares fan "practicamente inviables" propostas lexislativas no Parlamento galego, "supeditando a lexítima competencia en materia de benestar animal aos caprichos do lobby taurino".

A mesma plataforma e a Fundación Franz Weber presentaron hai uns días os resultados dunha enquisa sobre a percepción das corridas de touros e doutros eventos relacionados coa tauromaquia. En base a iso, aseguran que o "93% dos enquisados" rexeita estas prácticas.

GC pregunta aos seus lectores se as corridas de touros que se celebran en Pontevedra deberían ser suprimidas e acabar así en Galicia coa única gran feira taurina que subsiste no país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Antón

O que non lle guste que non vaia. Tamen sofren as plantas cando as cortan.

1 Nobeleiro

O que acava de dizer é umha asneira bastante grande. Se tem algumha proba de que as plantas tenham capacidade de sentir dor e prazer, presente-a já porque ganhará o Nobel com seguridade. Vostede só contra toda a literatura científica até o momento!

3 Gabriel Fervenza

Eu, que son defensor da natureza ,etc..creo q se deberia permitir as corridas de touros...todos dias a todas as horas matamos animais ,cando comemos ,cando andamos ,cando respiramos ,cando temos gripe,etc..e nadie di nada...

1 Pregunto

Dado que os humanos tamém somos animais, isso tamém se nos aplica?

2 Multinick

Debería haber a opción "si e non" para que voten os do BNG de Pontevedra, que promoven as touradas na vila e ao mesmo tempo organizan unha manifestación en contra.

1 Gamela

Prohibido prohibir !!!

1 DigaNomAoEspecismo

Esse é um argumento um pouco perverso que bebe dumha conceiçom acho que bastante pueril e simplista do que é a liberdade. Quando a liberdade dum indivíduo para celebrar ou assistir a um espetáculo supom o dano e a morte para um ser sentinte, por suposto que devem primar os interesses do segundo, ainda que seja um animal nom humano, do mesmo jeito que vemos inconcevível que alguém desfrute exercendo a sua liberdade e a sua força para abusar do próximo. Que fazemos cos assassinatos, violaçons, malheiras ou roubos? Tamém proibido proibir?

2 Gamela

Pois seguramente serei defensor do Especismo (ou como se diga isa nova moda que defende aos canciños e bota aos fillos ao contedor do lixo!) Que lle vou a facer, non me acabo de acostumar a defender o sofrimento animal e esquecer que botamos a 121 emigrantes ao fondo do mar ou ao inferno das cárceres en Libia... e resulta que ese sofrimento non ten que o defenda (?) Por iso, no tocante ás especies NON Humanes non teño aínda tanta sensibilidade como para PROHIBIR NADA !!!

3 DigaNomAoEspecismo

O seu comentário basea-se em duas falácias: 1. A falsa dicotomia entre a causa antiespecista e outras causas sociais, coma se fosse incompatível loitar contra a explotaçom e o assassinato dos animais e loitar contra as injustiças da sociedade humana. 2. Um intento de associar antiespecismo com moda e frivolidade posmoderna, quando se trata dum movimento cumha trajetória de decadas que conta cumha sólida teoria filosófica da mam de autores como Peter Singer ou, no caso galego, o professor Óscar Horta. A questom é moi simple: quase todos os animais estám dotados de sintiência, capacidade de sentir dor e prazer, e polo tanto devem ser considerados moralmente. Excluílos da esfera moral por nom ser humanos é umha postura especista, por suposto, já que se trata dum critério tam arbitrário como o da "raza" para o racista ou o do género para o machista.

4 DigaNomAoEspecismo

Igual sucede, permita-me especular por umha vez, que nom é tam doado decatar-se das explotaçons das que se é vitimário e nom vítima. E no caso do especismo mais ainda, porque se trata dumha potente ideologia e sistema de valores que está completamente naturalizado e, polo tanto, assumido e invissibilizado, como o estavam o racismo e o machismo até hai nom tanto e como o segue estando em boa parte do mundo fóra de occidente. As loitas feministas e antirracistas permitirom tomar consciência do problema e hoje em dia a situaçom mudou nesse sentido, ainda que sempre quede trabalho por fazer. O problema pode-se expressar de forma moi simple: se nom é precisso maltratar nim matar animais para comer nim vestir-se - e moito menos para desfrutar do tempo de ócio-, por que faze-lo?