Tui na rede de xudarías de España

Breve crónica de como logramos que Tui fóra admitido nesta selecta rede formada por vinteduas das cidades españolas con maior importancia patrimonial.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 09/08/2019

Comparte esta noticia
Estoulle dedicando a este blogue mais tempo do que me agradaría, ao longo deste mes de agosto, pero quero aproveitar para deixar testemuña dalgunhas cousas, hai poucos días explicaba a apertura da Rúa Ourense, porque xa me sei o que pasará dentro de pouco tempo se non deixo estas cousas claras, como fun un alcalde incómodo para os sectores inmobilistas da dereita e da esquerda, que se uniron para apoiar ao mesmo candidato no 2019, haberá moitos interesados en negar todos os nosos logros, de momento é moi cedo, pero trascurridos un par de anos, algúns comezarán a dicir sen empacho, por exemplo, que eu non tiven nada a ver coa apertura da Rúa Ourense ou coa entrada de Tui na rede de Xudarias.
 

Como a prensa mainstream, especialmente La Voz de Galicia, ocultou ese importante logro, probablemente o mais importante da historia de Tui no que á sua promoción turística e patrimonial se refire, vou sintetizar o traballo que se fixo para obter ese ingreso, quen me avisou de que había indicios de que a Rede podería abrir un proceso de admisión de novos membros foi Rafael Sánchez Bargiela, nunha mensaxe enviada o 17 de abril de 2018, consciente da oportunidade enviei os días seguintes unha carta mostrando o interese de Tui á xerente da Rede, Marta Puig que podedes ler a continuación:

Vista da zona vella de Tui
Vista da zona vella de Tui | Fonte: Play Doc

Xa desde este primeiro momento puxenme en contacto con Suso Vila, unha das moitas vantaxes que temos os liberais sobre a esquerda e sobre a dereita, é que non somos sectarios, Suso é de esquerdas e colaborara no 2015 cunha candidatura especialmente hostil comigo, o habitual en política tería sido excluilo de calquera participación, a min nen se me pasou pola cabeza, sempre que tiven oportunidade contei cos mellores, e neste caso Suso era sen dúbida o mellor para axudarme no obxectivo de entrar na Rede.

Encargueille portanto a redacción de toda a documentación necesaria, nomeadamente a “Memoria” e puxenme á sua disposición se algún obstáculo burocratico ou de calquera outro tipo de encontraba, Suso ten traballado ao longo xa de bastantes anos no estudio e divulgación do legado xudeo de Tui, e ofrecía a garantía de poder facer un óptimo traballo, como así foi.

Fomos convocados para o 9 de xaneiro en Madrid para defender a candidatura de Tui, non souben a quen pedirlle no concello que me preparara unha presentación en power point agradable, non conviña levar algo con aspecto demasiado caseiro, os detalles contan, do contido encargouse Suso e pedinlle a Beatriz González Sousa e a Tuan-Ahn Pham que me fixeran o favor, pasaron unha noite sen durmir para tela a tempo, e este foi o resultado, para unha noite de traballo gratuito non está nada mal.

Como non quería chegar de máns vacias a ese encontro en Madrid encarguei un folleto novo, xa que o que había non daba moi boa impresión, Sherpa Project e a deseñadora Marta Fontán fixeron un excelente traballo, como se pode ver a continuación:

O tribunal estaba presidido por Patricia Valle, alcaldesa da localidade cacereña de Hervás, e tamén formaban parte, Juan Pérez, alcalde de Lucena, o tenente de alcalde de Ávila e a concelleira de turismo de Tarazona.

O día da defensa, Suso e eu repartímonos o traballo, eu fixen a parte institucional e él a patrimonial, non está ben que o diga eu, pero os dous fixémolo francamente ben. Logramos pasar ese filtro, pero convén lembrar que non era un asunto meramente rutinario, Vitoria, a capital institucional do Pais Vasco, a cidade máis grande das seis candidatas iniciais, foi excluida do proceso de admisión despois da sua presentación.

Durante a miña intervención en Madrid para defender a candidatura de Tui, o 9/01/2019

Despois do paso por Madrid eramos optimistas pero non quixen deixar cabos soltos, ese foi o principal motivo do meu desprazamento a Fitur, no mesmo mes de xaneiro, o día 23 visitei o Stand da “Red de Juderias de España” para asegurarme de que transmitiamos con eficacia que o noso interese en entrar era grande.

Visitando en FITUR o Stand da Red de Juderías de España, na foto xunto á xerente, Marta Puig, o 23/01/2019

Despois da ter pasado ese filtro, quedaba antes da asemblea decisoria outro momento importante e non exento de riscos, a visita do “Comité de admisiones” da rede á cidade candidata, neste caso a Tui, o Comité visitounos o 25 de febreiro, realizamos un percurso guiado polos lugares mais singulares do legado xudeo, entre o que destacan pola sua singularidade os Sambenitos, convidamos á visita a Don José, dean da catedral e a Don Santiago, director do museo catedralicio, para reforzar a imaxe de unidade ante o comité, fundamental tendo en conta que os Sambenitos son propiedade da igrexa.

 

Momento da visita do “Comité de admisiones” da “Red de Juderias de España” o 25/02/2019

Os visitantes sairon de Tui impresionados coa cidade, compre reiterar o que sempre dixemos, a Tui fáltalle marketing, porque produto temos e moi bo, eu traballei arreo na área do turismo no pouco tempo que tiven, sen dúbida o logro do que mais satisfeito me sinto é o ingreso na Rede de Xudarias de España. Teño que confesar que, por ser un doce de orixe sefardí, regalamoslle a cada membro do Comité visitante un paquetiño de peixiños de améndoa das monxas encerradas, foi un convite persoal de Antonio Castro e meu.

A nosa candidatura chegou con moitas opcións de entrar na Rede á Asemblea Xeral que se celebrou o 27 de marzo deste ano, polo que puidemos saber despois o Comité tiña moi claro que Lorca, Sagunto e Tui eramos meredoras de entrar, había algunha dúbida mais con Bejar e no referente a Calatayud, a asemblea rexeitou a sua candidatura. Finalmente quedaron fóra duas candidaturas, a de Vitoria, xa na presentación incial de xaneiro e a de Calatayud na asemblea de marzo. Ademais de Tui, foron admitidas as cidades de Bejar, Lorca e Sagunto (nota de prensa da Rede para anunciar a admisións dos catro novos membros).

La Voz de Galicia non lle deu cobertura á entrada salvo esta reseña nun suplemento comarcal posterior ás eleccións de maio, con mais de dous meses de atraso sobre a nova.

A xerente da Rede, Marta Puig foi entrevistada no Faro de Vigo no mes de abril e preguntada sobre cales foron os puntos fortes que decidiron a entrada de Tui menciona a implicación municipal como o primeiro deles. A entrada de Tui na rede pode supor un antes e un despois na importancia no panorama turístico da cidade se os sucesivos gobernos saben aproveitalo e para iso requirese un traballo serio de longo prazo, comezando pola posta en práctica do Plan Director e Estratéxico de Turismo que tamén encarguei durante o meu periodo como responsable de Turismo no Concello.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA