Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/08/2019 | Actualizada ás 13:56
Persoal de subcontratas de R secundou unha nova xornada de protesta contra a deslocalización de servizos e a perda de postos de traballo, nesta ocasión ante a sede da empresa no polígono da Grela, na Coruña.
En declaracións a Europa Press, Luís Insua, delegado da CIG en Comfica --empresa que presta o servizo de soporte telefónico para R na provincia da Coruña e que a partir de setembro deixaría de prestalo-- explicou que, polo momento, seguen sen ter contacto coa empresa polo que continuarán cunhas protestas fixadas para o que queda de mes.
A decisión de deslocalización de servizos por parte de Euskatel supón, segundo explicou, que 20 traballadores de Comfica --unha das subcontratas de R-- quedarían sen traballo a partir de setembro.
No entanto, os sindicatos elevan a case mil os traballadores que se verían afectados en Galicia se continúa o proceso de deslocalización xa que esta situación, segundo o representante da CIG, afecta non só a Comfica senón tamén a outras subcontratas de R. Por iso, continuarán coas mobilizacións cada martes e mércores na cidade herculina, segundo avanzaron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.