O anuncio do ERE en Vestas Viveiro caeu como unha bomba sobre os traballadores e traballadoras. Iso si, ao mesmo tempo que o comité de empresa recibía a noticia tamén os medios recibían as notas de prensa correspondentes. Todo viña preparado. En realidade, o comité pedira unha reunión para tratar "temas da empresa" e en vez das dúas persoas esperadas, chegou un equipo con tradutor para comunicar o ERE da empresa. Falamos con David Mariño, o presidente do comité de empresa.