Os traballadores de Comfica suspenden a folga mentres manteñen as mobilizacións

Comfica, unha das subcontratas de R, precisaron que acordaron este punto tras comprometerse a empresa a recolocar os 20 traballadores noutros servizos da empresa no caso de non renovar o que lle prestan na actualidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/08/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Traballadores da empresa Comfica, unha das subcontratas de R, acordaron suspender a folga que mantiñan contra a deslocalización de servizos por parte do operador de telecomunicaicóns e os despedimentos dunha vintena de traballadores.

Así o informaron  fontes do comité de empresa, que precisaron que se manterán, con todo, as concentracións que secundarán con compañeiros doutras subcontratas en contra da decisión da empresa de trasladar servizos a Asturias.

Entre estas concentracións, unha delas este martes ante a sede de R, está a convocada para este mércores, ás 12,00 horas, ante a sede da Xunta. Desde o comité de Comfica, precisaron que acordaron, coa dirección da empresa, suspender a folga que mantiñan tras comprometerse a recolocar aos 20 traballadores noutros servizos da empresa no caso de que R non renove o que lle prestan na actualidade.

Con todo, dixeron que manterán as mobilizacións contra a deslocalización e os despedimentos. "Queremos que R dea garantía de subrogación á nova adxudicataria", expuxeron desde a representación sindical en alusión á situación na que quedarían traballadores destas subcontratas se a empresa traslada servizos a Asturias a partir de setembro.

Mobilización de traballadores de subcontratas de R. CIG
Mobilización de traballadores de subcontratas de R. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta