Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/11/2024 | Actualizada ás 13:04
A Consellería de Economía e Industria publicou, no Diario Oficial de Galicia (DOG), o anuncio polo que somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael nos municipios coruñeses de Touro, O Pino e Arzúa e o pontevedrés de Vila de Cruces.
Promovido pola Sociedad Cobre San Rafael, o proxecto, segundo a compañía, "prioriza a recirculación e reciclaxe das augas, evitando o consumo externo deste recurso e a súa saída ao exterior".
"O novo plan ten como obxectivo converterse nunha iniciativa tractora da reindustrialización verde en Galicia e nun referente en minaría sustentable a nivel europeo", engade para incidir, ademais, en que se realizaron intervencións de tipo "técnico e social" ao longo dos últimos anos.
"O carácter altamente tecnolóxico é unha das fortalezas dun proxecto deseñado en base á excelencia e as melloras técnicas dispoñibles". "Un novo proxecto de alta capacidade técnica e en compromiso coa sustentabilidade Explotacións Gallegas que, desde 1993 ata hoxe, mantén activa a mina de Touro-O Pino coa concesión para a produción de áridos".
Agora, tras someter a información pública o proxecto, a Xunta da un prazo de 30 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación no DOG, para alegacións en relación ao acordo sobre o proxecto industrial estratéxico (PIE) situado nestes municipios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.