Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 12/08/2022 | Actualizada ás 17:43
Persoal de servizos de atención ao cliente da Coruña secundou paros e unha mobilización contra a "deslocalización", segundo informa a CIG, que asegura que desde a cidade herculina pasará a prestarse "desde Colombia". "E só quedarán unhas 15 persoas para a atención en galego", engade.
En concreto, indica que "a partir do mes de setembro, o servizo de atención telefónica de Unión Fenosa Distribución pasará a ser realizado en máis dun 80% desde Colombia, o que supón unha perda duns cen postos de traballo".
En rexeitamento á medida, explica que o persoal estivo convocado a paros nas quendas de mañá, tarde e noite e a unha manifestaciónen o Obelisco.
"Unha mobilización para reclamar unha solución e información sobre o procedemento de deslocalización que vai ter o servizo de avarías e distribución a partir do día 1 de mes que vén", segundo denunciou Florentino Fernández, secretario da sección sindical da CIG na empresa.
Ademais, apuntou que a partir do 1 de setembro "o 80% do servizo de avarías será prestado desde Colombia e aquí vaise a manter unha segunda empresa cun 20% do persoal, que se pode reducir entre 15 e 20 pesonas para dar atención en galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.