Centos de persoas mobilízanse na Coruña contra a deslocalización de servizos en R

Esixen á empresa a "paralización inmediata" do traslado de servizos e de emprego fóra de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/10/2019 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Varios centos de persoas —300, segundo a Policía Local, case 1.000, segundo os convocantes— participaron na manifestación convocada polas centrais sindicais CXT, UGT, CC.OO. e CIG en contra da deslocalización de servizos en R.

Manifestación contra a deslocalización en R. CIG
Manifestación contra a deslocalización en R. CIG | Fonte: Europa Press

A protesta, desde a rúa Compostela ata as oficinas da empresa no Obelisco, estivo encabezada por unha pancarta coa lema "Non á deslocalización" e "en defensa" dos postos de traballo en Galicia.

Coa protesta, os participantes quixeron esixir a R Cable a "paralización inmediata" do traslado de servizos e de emprego fóra de Galicia, unha deslocalización, segundo aseguran, que afecta tanto o operador de telecomunicacións como ás empresas auxiliares.

No entanto, desde os sindicatos, apuntaron que estas son "as máis indefensas" pola "atomización" de servizos que hai na empresa.

Para Óscar Calvo, da CIG, o obxectivo da protesta é esixir á empresa que "pare" o proceso de deslocalización e que se reúna cos traballadores de cara a solucionar "esta problemática que afecta só na Coruña a centos de persoas", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta