Por Galicia Confidencial | Vilanova da Cerveira | 13/03/2018 | Actualizada ás 12:01
Nos últimos dez anos un total de 500 empresas galegas escolleron Portugal para se instalaren nos seus polígonos industriais. Son moitos os motivos que xustifican esta aposta dos empresarios galegos, entre eles e sobre todo, o prezo do solo industrial e menos trámites e impostos, tal e como recolle uha reportaxe de María Cerqueira na RTP.
Actualmente, o sector da automoción e o sector auxiliar do metal lideran esta deslocalización, pero tamén comezaron a emigrar para Portugal a industria agroalimentaria e tamén tecnolóxica. Jorge Cebreiros, presidente dos empresarios de Pontevedra, destaca que os polígonos empresariais están ben conectados e que en Portugal existe unha administración “moi rápida e moi áxil a hora de atender aos empresarios”.
Tamén Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Empresarios do Metal (Asime), suliña que hai menos trabas burocráticas para xestionar a implantación das empresas en Portugal. “Ademais hai unha menor carga impositiva de impostos locais, que en España son maiores, e despois hai unha cercanía maior das institucións portuguesas cara aos inversores estranxeiros”, destaca.
Os dous empresarios apostan por un polo ibérico do sector do automóbil para facer fronte a competidores conxuntos como son Marrocos, o Norte de África e o corredor mediterraneo. Por iso, salientan a importancia de impulsar o corredor atlántico cara a América.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.