Denuncian a perda de case mil postos de traballos asociados á émpresa de telefonía R

Persoal de subcontratas da compañía mobilízase contra a deslocalización do traballo posto en marcha por Euskaltel --propietario da empresa-- e a perda de emprego.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/08/2019 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Persoal de subcontratas de R mobilizáronse este martes ante a sede da empresa, na zona do Obelisco, para expresar o seu rexeitamento á deslocalización da actividade e a perda de postos de traballo.

Así o explicou a Europa Press Luís Insua, delegado da CIG en Comfica, empresa que presta o servizo de soporte telefónico para R na provincia da Coruña e que a partir de setembro deixaría de prestalo, segundo cónstalles.

"Supón para os traballadores quedar na rúa", explicou o dirixente sindical que avanzou que Euskatel, propietaria do grupo de telecomunicacións R, non lles deu "ningunha explicación". No entanto, dixo que teñen constancia de que o servizo o pasaría a prestar outra subcontrata, en Asturias, e que os traballadores afectados non terían "opción de subrogación nin recolocación".

O representante da CIG expuxo que esta situación afecta non só a Comfica se non tamén a outras subcontratas de R e cifrou en case mil os postos de traballo afectados en toda Galicia. Respecto diso, precisou que "o 90% están na provincia da Coruña". Tamén sinalou que están á espera dunha resposta por parte da Xunta e o Concello da Coruña, aos que trasladaron a súa situación.

Sobre as subcontratas de R, a Federación de Servizos de CC.OO. asegurou que, á situación da empresa Comfica, súmase "o despedimento de seis persoas en Universal Support" que presta servizos tamén para o operador galego. E é que este sindicato non descarta que estes despedimentos sexan a "punta do iceberg" xa que afirma que, pola información que dispoñen, "Euskatel está a revisar os contratos que ten con distintos provedores na área da Coruña".

Publicidade da compañía telefónica R
Publicidade da compañía telefónica R

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta