A Xunta urxe ao Goberno a garantir un prezo enerxético competitivo para evitar a deslocalización da produción

Pide unha reforma do Estatuto de consumidores electrointensivos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/02/2023 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, reiterou a petición da Xunta ao Executivo central de establecer medidas que garantan un prezo enerxético competitivo e en igualdade de condicións que outros países europeos e evitar a deslocalización da produción.

"Hai unha deslocalización da produción cara a Francia que vén motivada única e exclusivamente polo custo enerxético e pola falta de medidas por parte do Goberno", contestou Conde a preguntas dos xornalistas sobre a reunión mantida pola Xunta e o comité de empresa de Ferroatlántica, do grupo Ferroglobe.

Para que a empresa poida reactivar a súa actividade "canto antes", o conselleiro instou ao Executivo central a realizar unha reforma do Estatuto de consumidores electrointensivos.
Do mesmo xeito, sinalou a necesidade de traballar en diferentes alternativas vinculadas ás enerxías renovables como "oportunidade" para minorar o custo enerxético.

Torres de tensión nun momento de inestabilidade do prezo da luz e da electricidade
Torres de tensión nun momento de inestabilidade do prezo da luz e da electricidade | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta