Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/08/2019 | Actualizada ás 08:10
A nova presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, equiparou Galicia con outras nacionalidades onde se producen diferencias por motivos "identitarios". Unha alusión á Xunta de Alberto Núñez Feijóo nun momento no que está a ser cuestionado polo núcleo duro de Xéneva.
Nunha entrevista este luns no ABC, a nova presidenta da Comunidade de Madrid, que hoxe asume o cargo, comparou certas políticas nacionalistas de Euskadi ou Cataluña coas de Galicia. "Se hai inxustiza en Cataluña, Navarra, Baleares ou onde sexa, (os madrileños) preocupámonos. E cando esas inxustizas fanse por culpa da política hai que denuncialo. Non pode ser que Navarra, País Vasco, en Baleares ou Valencia e ás veces en moitos lugares, en Galicia, se traten os problemas dunha ou outra maneira por unha cuestión identitaria".
Estas críticas a Feijóo chegan logo das diferencias que o líder do PP galego tivo coa nova voceira do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, e co núcleo duro de Casado, entre a que está a propio Ayuso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.