Por ADEGA (http://www.adega.info) | GC ABERTO | 26/04/2012
Para ADEGA estes feitos supoñen a constatación, certificada cos informes da propia SOGAMA e recoñecida polo TSXG nestas sentenzas, do inmenso monte de lixo, fraude e corrupción no que se foi transformando SOGAMA dende a súa posta en funcionamento. Un enorme buraco negro ambiental e unha xigantesca fraude social e económica á cidadanía galega que agora a Xunta tenta reproducir, como unha metástase maligna, no sur de Galiza.
ADEGA lembra ademais que hai aberta unha causa penal polas verteduras de SOGAMA ao río Lengüelle, que a finais de 2009 causaron a morte de máis de 3.000 troitas, e na que están imputados técnicos e responsábeis da empresa. A nosa asociación vai poñer en coñecemento do xulgado que entende esta causa (o de Instrución nº1 da Coruña) e da Fiscalía Ambiental do TSXG estes datos e feitos, que poderían ser constitutivos duns delictos continuados de falsidade documental e prevaricación, e como consecuencia, dun delicto continuado contra o medio ambiente e a saúde das persoas. Cómpre lembrar que o río Lengüelle, o receptor das verteduras piratas de SOGAMA, é afluente do Tambre, que fornece auga potábel á comarca N de Compostela e á propia cidade. E se pasou isto cos lixiviados do vertedoiro, que acontecería realmente coas emisións tóxicas (dioxinas, furanos...) da incineradora?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.