Por Europa Press / Redacción | MADRID | 13/09/2019 | Actualizada ás 17:46
O Xulgado de Primeira Instancia número 47 de Madrid deu a razón ao Banco Santander nun preito contra o galego Ángel Ron, polo que se lle esixe ao expresidente de Banco Popular a devolución dos 12,8 millóns de euros percibidos en concepto de retribución variable.
Así, mediante a aplicación da cláusula 'malus', se lle esixe a Ron o reembolso da súa prexubilación e condénase a Mapfre —entidade a través da que se instrumentaliza a póliza de seguro de renda— a deixar sen efecto as obrigacións de pago previstas e a devolver o importe de prima non consumida, incrementado cos intereses legais calculados desde o 8 de setembro de 2017.
Esta cláusula pode supor a redución ata nun 100% da retribución variable pendente de abono en caso de fallos significativos na xestión do risco cometidos polo banco, que se produza un incremento das necesidades de capital, que existan sancións regulatorias ou condenas xudiciais por feitos imputables ao persoal responsable ou por condutas irregulares.
O Xulgado tamén condenou a Ron a pagar 13.093,92 euros correspondentes á remuneración cobrada por adiantado no primeiro trimestre de 2017 sen desempeñar efectivamente o seu posto de conselleiro desde o 20 de febreiro de 2017, xunto cos intereses legais devengados.
Así mesmo, procedeuse a aplicar a cláusula 'clawback', de forma que o expresidente da entidade resolta terá que abonar os 215.546,33 euros cobrados nos exercicios 2015 e 2016 pola remuneración variable correspondente a 2013 e 2014.
Con todo, esta resolución non é firme e contra ela cabe a interposición de recurso de apelación ante as seccións civís da Audiencia Provincial de Madrid. Ron xa expresou que a recorrerá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.