Desconvocan a folga en Extel Coruña logo de que a empresa confirme que non haberá cámaras durante a xornada laboral

A dirección de Extel comunicara que a partir deste luns comezaría a instalar un novo sistema de vixilancia con cámaras operativas as 24 horas en zonas comúns e salas de traballo.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/09/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A folga convocada nas oficinas de Extel na Coruña para este luns quedou desconvocada tras confirmar a empresa que non haberá cámaras nas salas onde transcorre a xornada laboral nin tampouco nos accesos ás que usa o comité de empresa.

Así o confirmou Adrián García, delegado sindical da CGT en Extel Coruña, que explicou que a folga, convocada en solitario por este sindicato, desconvocouse tras unha reunión celebrada a finais da semana pasada coa empresa.

Inicialmente, a dirección de Extel Coruña do grupo Adecco, subcontrata de Movistar, comunicáralles que a partir deste luns comezaría a instalar un novo sistema de vixilancia no centro, con cámaras operativas as 24 horas en zonas comúns e salas de traballo, ademais das de acceso ás que usa o comité de empresa. Con todo, finalmente non levará a cabo.

Traballadores de Extel e A Mesa
Traballadores de Extel e A Mesa | Fonte: A Mesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta