O debate sobre o estado de Galicia, inicio da precampaña electoral

O PP di que se adianta para afastalo da repetición de eleccións. A oposición di que é para apartarse da súa "loita" contra Casado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/09/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia fixou a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía para o 25 e 27 de setembro, dous días despois da data límite para que se disolvan as Cortes no caso de que non se produza a investidura dun presidente no Goberno do Estado, o que levaría á repetición das eleccións xerais o próximo 10 de novembro.

Precisamente "afastar" o debate das posibles eleccións é o argumento que esgrime o Partido Popular para o adianto da cita. Un anticipo que volveu a recibir as críticas unánimes dos grupos da oposición na Cámara galega (PSdeG, Común da Esquerda, BNG e En Marea), que ven no movemento do Executivo autonómico un intento por "desgaleguizar" o debate para contribuír ao posicionamento do líder dos populares galegos, Alberto Ñúñez Feijóo, na "loita" que, din, mantén co presidente nacional do seu partido, Pablo Casado, polo "liderado da dereita".

"Non é solapamento, todo o contrario", asegurou este martes o parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, na súa comparecencia ante os medios tras a celebración da xunta de portavoces que ha oficializado a convocatoria do Debate sobre o Estado e a Autonomía para a cuarta semana de setembro.

E é que, o PPdeG dá a volta aos argumentos da oposición que afean o adianto da cita e aseguran que o obxectivo é situala "lonxe" da hipotética campaña electoral de novembro para así "centrarse nos problemas de Galicia" nos que, como apuntou Puy, cobrará un especial peso a disputa entre a Xunta e o Estado polos 700 millóns que reclama a Administración autonómica.

Con todo, a oposición considera que Núñez Feijóo pretende "facer o seu primeiro acto de campaña" para as xerais e as autonómicas do ano próximo neste debate da autonomía no que cren que o presidente galego buscará "tapar" coa situación do Estado o "fracaso" da súa década á fronte da Xunta e a súa "falta de proxecto" de futuro.

Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. XUNTA - Arquivo
Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta