Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 14:27
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, explicou este luns que o investimento de 54 millóns de euros na variante do Barco reforza o compromiso do Goberno coa provincia de Ourense. Foi durante a inauguración das obras da variante, que dixo que estarán o perativas en outono de 2022.
Acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; e o alcalde do Barco, Alfredo García; o delegado do Executivo subliñou que se dá resposta "a unha demanda histórica" co inicio dos traballos de conexión da N-536 coa N-120, no tramo Sobradelo-Ou Barco.
"Hoxe estamos aquí cumprindo un compromiso. O compromiso do Goberno, un máis, con Ourense e con Galicia. Un compromiso co Barco que se traduce nos 54 millóns de euros que investimos nesta variante", declarou.
"Unha gran obra por orzamento e pola súa esixencia técnica, pois requirirá da execución de cinco novos viadutos, entre os que destaca o viaduto sobre o Sil, de 461 metros de lonxitude, e un novo túnel de 490 metros. Esta importante actuación, cun prazo de execución de 36 meses e que poremos en servizo no outono de 2022, suporá un alivio para O Barco e a súa comarca, pois nos permite desviar os importantes tráficos pesados, xerados polo transporte da lousa desde as canteiras próximas, cara á Nacional 120", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.