A Coordinadora de Afectados por Preferentes entrega os importes de sancións a ONG de axuda social

Fíxose unha achega de talóns por importe de 1.500 euros a cada unha das organizacións que "destacan na súa traxectoria na defensa dos Dereitos Humanos e a favor das persoas máis desfavorecidas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Coordinadora de Afectados por Preferentes e Subordinadasde Galicia entregou a varias ONG de axuda social importes recuperados das sancións impostas polas súas protestas. Nos últimos anos, explica a entidade, os afectados por preferentes "foron represaliados por distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante numerosas multas e sancións administrativas" que, vía xudicial, foron "recuperadas".

O importe recuperado, tal como se acordou en anteriores ocasións, destínase a asociacións "destacadas pola súa loita e compromiso social en campos nos que as administracións públicas está a aplicar recortes ou de costas ao pobo".

Así, fíxose unha achega de talóns por importe de 1.500 euros a cada unha das organizacións que "destacan na súa traxectoria na defensa dos Dereitos Humanos e a favor das persoas máis desfavorecidas": o Foro socioeducativo Os Ninguéns, de Vigo, a Escola María Soliña da ONG ShangaIndia e o Barco Aitamari.

Afectados polas preferentes e subordinadas na manifestación do 1º de maio en Vigo
Afectados polas preferentes e subordinadas na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta