Ten o BNG posibilidades de volver ao Congreso tras o acordo con CxG?

Ana Pontón e Juan Carlos Piñeiro (CxG) convencidos de que haberá presenza nacionalista en Madrid. Nin BNG, nin CxG cren que a irrupción de Más País poña en perigo que Galicia teña "voz en Madrid, tras a decisión de En Marea e Anova de non presentarse o 10N. Bloque e CxG defenden unha axenda "galeguista e nacionalista" tras o pacto acadado estes días.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/10/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A única enquisa con selo galego, a encargada por Sondaxe –empresa vinculada a La Voz de Galicia--, apunta que o BNG volverá a ter representación en Madrid. Un deputado pola provincia da Coruña que, nos anteriores comicios, quedou a 12.000 votos. 12.000 votos que nesta ocasión a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, está convencida que están ao alcance e que, “desta vai”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro | Fonte: EP

O certo é que na dirección do BNG están convencidos de que, desta volta, non hai escusas para non chegar a Madrid. O nacionalismo non acode dividido, como nos anteriores comicios. Non haberá papeletas nin de Anova, nin de En Marea e a dirección de CxG decidiu integrarse nas listas do Bloque tal e como informou GC este domingo.

Este acordo de última hora, a pesar dos malestares que está causando entre a militancia dun e doutro partido, ten coma finalidade, precisamente, dar un empurrón á “vía nacionalista e galeguista" para ter representación en Madrid. Por iso, tanto Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de CxG, coma Ana Pontón, están convendidos de que o vindeiro 10 de novembro haberá presenza galega en Madrid.

COMO SE FRAGUOU O ACORDO

Este luns os dous dirixentes escenificaron un acordo que levaba días fraguandose tal e como informou Galicia Confidencial. Un acordo polo que CxG pedirá o voto para o BNG a cambio de que varios dos seus dirixentes vaian nas listas do Bloque. Así, como número 6 pola Coruña concorre Montserrat Almozara Cordeiro; como número 5 por Pontevedra, Berta Roldán Pimentel; como suplente ao Senado por Lugo preséntase Xabier Vázquez García, ao igual que Celso Sánchez González por Ourense.

O BNG informou a súa militancia deste acordo no Consello Nacional do pasado 28 de setembro, cando anunciou os seus cabezas de lista e días antes que rematara o prazo para ir en coalición. O Bloque xa pechara a porta a En Marea pero non a CxG. A condición era que foran integrados nas listas do BNG. En días posteriores tamén fracasou un acordo entre En Marea e CxG, xa que o BNG non aceptaba ir en coalición con En Marea e CxG non quería ir en coalición coa formación de Villares senón asumían ir integrados dentro do BNG. Finalmente, o pacto só se deu a dous baixo as condicións do Bloque.

Trátase de facer política útil xa que ven unha época de traballo e temos que estar ao servizo do noso país”, dicía Piñeiro deste pacto. “CxG apoia a candidatura do BNG porque é a única que defende os intereses de Galicia”, engadía Pontón durante a presentación deste acordo que ten coma finalidade “defender os intereses de Galicia” e “acadar voz en Madrid”.

Por iso, os dous dirixentes amosaronse convencidos de que desta volta se dan as condicións necesarias para que o BNG teña represenación no Congreso, primeiro pola suma de forzas nacionalistas e, despois, pola decisión de En Marea e de Anova –os outros dous polos nacionalistas-- de non presentarse. 

Nos pasados comicios o BNG obtivo 93.800 votos, e o 5,74% de porcentaxe. En Marea acadou 17.700, o 1% e CxG, 2.760 papeletas, 0,17% dos votos. Sumando só o conxunto destes votos, o BNG estaría en condicións de acadar case 115.000 votos, tendo en conta que só aglutinara todo o voto nacionalista. De ser así, e tendo en conta que se pode dar unha baixada de participación nestes comicións, o Bloque podería acadar a acta pola Coruña. 

MÁS PAÍS E VOTO GALEGUISTA

Con todo, a irrupción de Más País no panorama galego podería poñer en risco estas posibilidades. Por iso, e preguntados a este respecto, logo de que a enquisa de La Voz apuntara a que a formación de Errejón pode acadar dous escanos, tanto Piñeiro coma Pontón quixeron deixar claro que as enquisas son iso, enquisas. En todo caso, coincidiron en que Más País non porá en perigo a posibilidade de que o BNG volva a Madrid.

Somos optimistas e desta vai. O que queremos é mobilizar o voto galeguista e nacionalista e facelo con rigor para que o BNG sexa a voz de Galicia en Madrid”, insistiu Pontón. Precisamente, a líder do Bloque aludiu xa ao voto “galeguista”, tras este acordo con CxG, para ampliar os seus horizontes electorais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

14 Margar

Debe estar el BNG necesitado, para acordar con foto y todo a un grupo, de partido nada...que pierde aceite a chorros y tiene entre sus cabezas a un ex.número 4 de las listas de VOX al Congreso. la galleguidad volando muy bajo

13 Gamela

BNG disfrazado de "galeguista" para tapar a Nestor Rego UPG ? Non van chegar as 2.760 papeletas de CxG sobre todo porque esta xente non vai votar UPG nin de coña! Pero o importante deste tema é como lograron DESFACER a esquerda en Galicia e manter a marca do BNG! (a calquera prezo!) https://i.gal/gamela03 ¿Por que se chaman BNG se cogobernan co PSOE nas Deputacións?

1 José

O chumbo ao teu lado é un metal lixeiro. Que teña coidado Xurxo Salgado, vaslle afundir o Galicia Confidencial...

2 Gamela

Non teñas medo, o GC pode resistir calquera comentario, precisamente porque está no seu ADN non silenciar á xente que fai preguntas incómodas! E falando de preguntas incómodas ¿por que Vigo non ocupou os 40 pisos públicos mentres a chamada "Marea de Vigo" consentiu a subasta dos ben públicos sen rechistar? ¿Esta é a política de "esquerdas" que venden os que teñen sedes na milla de ouro? ¿A desobediencia civil está fóra do programa político do "galeguismo"? https://twitter.com/GamelaNova/stat...

3 Alienao

Descolonícese e disfrute da vida.

4 Gamela

que colonia recomendas para disfrutar da vida (e que non cheire!) ? PP / PSOE / BNG (cunha pizca de UPG) / axítese ben antes de usar !!!

12 Desfeita

Moita sorte, mais convencendo os xa convencidos non se gañan eleccións. As maiores vertudes deste acordo non son tais: seren a única lista galega (e que lles voten co nariz tapado), e confiaren no medro da abstención (para quitaren un escano co 6% dos votos).

11 nostrus

unha parvada mais é concepto de "galeguista" que algunhos se afanan en proclamar. ¿Que é ser galeguista?........¿querer o mellor para Galicia?....entou eu tamen son galeuista e españolista. ¿Ser galeguista é bon e españolista malo, ou ao reves?. Eu no meu modo de ver tanto o españolismo como o galeguismo pecan do mesmo; da uniformidade, do pensamento unico, do unico modo de concebir un pais sin dar opcio a diversidade e a liberdade. Amar a España na sua totalidade SI, amar a tua terra, a tua aldea, a tua rexion, a cultura e as linguas, amar a Galicia SI. Nacionalismos ¡¡¡ NOONNN!!!, só valen para enliar e alporizar.

10 nostrus

Por favor, no especuleis ni os alegreis con con los presuntos exitos del bloque ni del nacionalismo. El bloque es tan fanático como el Estado Islamico, con la diferencia de que aun no ha usado la violencia porque sabe que España es una gran democracia y en democracia los atajos causan retrasos. El bloque no tiene un programa especifico para Galicia mas allá de entrometerse en el modo de vida de las personas. Apostad por un partido que apueste por la diversidad, la realidad social. el bilingüismo y la convivencia.