Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 20:45
A figura Xosé Neira Vilas continúa deixando o seu pouso tras o seu falecemento, neste caso a través dunha nova obra publicada a título póstumo na que se recompilan diversos textos breves sobre vivencias e experiencias que o escritor compartiu co seu pai.
O libro 'Co pai', publicado pola Editorial Galaxia e editado por Dores Vilavedra, recolle 25 prosas compostas na Habana no ano 2.000, ata agora inéditas, na que Neira Vilas traslada memorias vividas á beira do seu proxenitor, case sempre vinculadas ao fogar e aos traballos agrarios.
A obra foi presentada este mércores na Cidade da Cultura, na o auditorio que leva o nome do escritor, da man do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, e as propia Dores Vilavedra.
García agradeceu a todos os implicados a oportunidade de "seguir gozando de novos textos" do que foi autor "do primeiro best-seller en galego", a través de persoas que "descubriron o valor da lingua como idioma literario e de cultura".
Así, a obra recolle esa prosa "condensada, aparentemente sinxela", no que as anécdotas e recordos que parecen intranscendentes levan "á reflexión sobre realidades moito máis profundas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.