Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2025 | Actualizada ás 19:22
A área de Cultura da Deputación da Coruña seleccionou o oito proxectos das Residencias Artísticas Mariñán 2025, segundo informa.
Na modalidade de literatura compartirán espazo, recursos e experiencias Blanca Trigo (coa proposta Mandrágora) e Sergio Marey (Camiños do desexo), e na de pensamento, Paula Sanmartín (Coro priscilianista) e María Bela (O amor ao territorio).
Na modalidade de música, os escollidos son Ailén Kendelman (Unha señora orquestra), Abril (Investigación e creatividades para disco), Nanu (Creación de percusión para EP) e Incra (Rouco: disección anatómica da gaita).
Nesta edición, optaron 29 propostas entre as que foron elixidas o oito proxectos que compartirán espazo, recursos e experiencias entre o 31 de marzo e o 11 de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.