Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/10/2019 | Actualizada ás 16:35
O secretario xeral de Podemos Galicia e número un de En Común-Unidas Podemos pola provincia da Coruña nas próximas eleccións xerais, Antón Gómez-Reino, reivindicou a Galicia En Común como "o espazo do cambio" fronte a Más País, liderado por Iñigo Errejón e con candidatura na provincia coruñesa, encabezada por Carolina Bescansa.
Sobre a presenza de Bescansa nesta candidatura e a marcha de membros de Podemos Galicia a esta formación, cualificou de "lexítimo" que optasen por esta decisión. No entanto, arremeteu contra Más País polo feito de que non presente candidatura nas catro provincias galegas.
"Cualifícase por si mesma unha forza politica que nin sequera se presenta en todas as circunscricións galegas cando a esquerda galega leva tempo reivindicando Galicia como circunscrición única", sentenciou.
Cun "veremos o que sucede" respondeu tamén de cara aos resultados que poida obter Más País nas eleccións do 10 de novembro. Da candidatura de En Común-Unidas Podemos, dixo, mentres, que sae "a por todas e a gañar".
"Galicia En Común é o espazo politico que leva cinco meses traballando por conseguir un goberno no Estado", recalcou Gómez-Reino, convencido de que a cidadanía galega "sabe identificar quen participa do espazo do cambio e quen son os actores fundamentais que levan moito tempo construíndo este espazo do cambio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.