Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 20:51
Un veciño de Pontevedra de 29 anos que chamou á Policía Local para denunciar que recibira un golpe contra un coche cando circulaba co seu patinete eléctrico acabou dobremente multado por transitar pola beirarrúa e por facelo baixo os efectos do alcol.
O incidente tivo lugar á primeira hora da mañá deste xoves. Ao redor das 07,45 horas, o propio multado achegouse á xefatura da Policía Local para denunciar un accidente na rúa Blanco Porto.
Ata alí desprazouse unha patrulla, á que o home de 29 anos relatou que un coche que saía dun garaxe lle golpeara cando circulaba pola beirarrúa.
Os axentes someteron á proba de alcoholemia ao usuario do patinete, dado que presentaba síntomas de inxerir alcol. Finalmente, o mozo deu positivo cunha taxa de 0,53, o dobre do permitido.
Así, a patrulla impuxo unhas dúas multas ao usuario do patinete: a primeira por conducir baixo os efectos do alcol (500 euros) e a segunda por circular pola beirarrúa (200 euros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.