A sentenza do procés altera e entra de cheo na axenda política galega

Partidos estatais como Podemos, Más País e nacionalistas como En Marea e BNG coinciden en buscar solucións políticas e diálogo, o Grupo Común da Esquerda vai máis alá e pide o indulto, e o PP e o PSOE que asuman as súas responsabilidades. A patronal galega mostra o seu "respecto" pola sentenza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O procés entrou, sen querelo, na axenda política de Galicia e, iso, que todos eles non o tiña como tema prioritario nas súas comparecencias deste luns. Pero, é o bombazo informativo da xornada, a pesar de que parte da sentenza xa era coñecida desde o pasado sábado e, por iso, trastocou os temas e as prioridades dos políticos galegos.

Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados
Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados | Fonte: EP

E na valoración houbo diversidade de opinións. Só un partido, o Grupo Común da Esquerda, no que están Podemos, Esquerda Unida e a nacionalista Anova, foi máis alá nas súas manifestacións e pediu abertamente o indulto para os políticos procesados. A voceira desta formación, Luca Chao, falou primeiro de "dialogar" e "buscar solucións políticas" para, finalmente, recoñecer que o indulto é unha posibilidade que está aí e que habería que utilizar.

O BNG EVITA FALAR DE INDULTO 

Máis comedida foi Ana Pontón, a líder do BNG, quen evitou falar de indulto, como si defenden outros dirixentes nacionalistas de Cataluña e Euskadi. "A solución ten que ser política e, por iso, ten que imperar o diálogo", suliñou. Con todo, criticou que a sentenza "xa estivera escrita antes de comezar" o xuízo e calificouna de "inxusta e desproporcionada".

Neste sentido, criticou a "involución democrática" e a perda de "dereitos e liberdades", así como a imposibilidade de que as nacionalidades e pobos do Estado "teñan voz propia". Por iso, pediu unha rectificación política ao novo goberno que saia das urnas porque, insistiu, "a vía de solución é política". Con todo, e preguntada se o BNG condicionará o apoio a un novo goberno a esta cuestión, foi moito máis cauta. "Iso xa se verá, aínda non o temos falado na Executiva", contestou.

PSdG: "CUMPLIR O MARCO CONSTITUCIONAL"

A mesma postura que básicamente mantivo Pontón de solucións políticas, foi a que tiveron outros dirixentes políticos, como o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o deputado de En Marea, Pancho Casal, ou a candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa.

O líder socialista dixo que os responsables políticos cataláns xulgados "teñen que respectar a sentenza", tamén apostou pola vía do diálogo, aínda que destacou, "este non vai dar resultado nun día, nun mes e nun ano",  aludindo a dificultade de atopar unha solución política ao conflicto catalán.

Caballero destacou que "non se pode estar fóra do Estado" e que aqueles que non respectan os marcos da política estatal "están fóra da lei". Por iso, considerou lóxico a sentenza e instou aos partidos independentistas a "cumplir o marco constitucional" e respectar as "leis". Con todo, quixo aclarar que, ademais das vías xudiciais, están as vías políticas e que "o que hai que facer entre todos é dialogar".

EN MAREA E ANOVA, CONTRA AS CRIMINALIZACIÓNS

Así, Casal dixo que a setentenza non vai solucionar os problemas existentes en Cataluña. "As ansias democráticas dun país non se poden resolver nos tribunais, teñen que resolverse por medios políticos", sinalou ao suliñar que En Marea nunca cambiou a súa postura desde o inicio do conflito. "Non se pode criminalizar a opinión de toda unha cidadanía", dixo en alusión ao referendo independentista.

Tamén Anova, a través dun comunicado, afirma que o Estado español "queda en evidencia" cunha sentenza que consideran "un novo intento de pechar de forma autoritaria a crise do Réxime de 78, intensificando a represión contra os movementos que defenden o dereito a decidir e contra a xente do común que denuncia políticas neoliberais".

Pola súa banda, Carolina Bescansa apelou este domingo a ter "altura de miras" e dixo que a crise política catalá non a teñen que resolver os xulgados senón que a teñen que resolver os políticos". "Lamentablemente levamos moito tempo vendo como os políticos forman parte do problema e non da solución", engadiu a socióloga santiaguesa, que confía en que as "bases" das organizacións "acaben achegando un pouco máis de sentido común á vida política española".

PPdeG: "QUEN AS FAI, QUE AS PAGUE"

Pola súa banda, os populares foron os que máis aplaudiron a sentenza. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o máis contundente nas súas declaracións e suliñou que "os políticos non poden quedar impunes á lei" e que os presidentes das comunidades autónomas, os vicepresidentes, os conselleiros e os presidentes dos Parlamentos autonómicos, "se delinquen, son condenados». "Se un político a fai, que a pague porque non ten máis dereitos que un cidadán", dixo.

Na mesma liña se manifestou o portavoz adxunto do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro. "Os políticos o que temos que facer é non valorar as sentenzas, dixo. Unha opinión moi semellante ao do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que suliñou que "quen vai contra a lei ten que asumir as súas responsabilidades".

PATRONAL

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostrou o seu "respecto total e absoluto" aos tribunais e institucións do Estado ante a sentenza.

A patronal galega asegura que a democracia e o principio de legalidade son inseparables, polo que "o marco constitucional debe ser o ámbito no que se desenvolva a normalidade política e económica dentro do Estado de Dereito"

Por último, os empresarios galegos confiaron en que, tras esta decisión xudicial, se abra en España unha nova etapa de estabilidade democrática.

MOBILIZACIÓNS

A sentenza do procés mobilizou á Plataforma Galiza con Catalunya que este luns convocou varias concentracións nas que se agarda a participación de formacións independentistas con Ceivar, Axir, Briga ou Nós-UP e outras nacionalistas como Anova e FPG (no Grupo Común da Esquerda), o BNG ou Cerna (en En Marea). As mobilizacións serán ás 20,00 horas en Santiago, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Ourense, Burela e Redondela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

6 patético

Axenda política galega!!!!!!! pero eso existe? jajaja que país.... máis cidade da cultura e diputacións para todos .... xa veñen as oposicións para todos aproveitade¡¡¡¡¡¡

5 Gamela

cumprida a cuarta parte da pena estarán fóra ! os seus avogados traballan arreo pagados por nós, os medios difunden o seu caso a todo o mundo pagados por nós, Cataluña ten transferidas as competencias penitenciarias ! A pena máis elevada 13 anos, quedará no peor dos casos en 3 anos e 3 meses (levan cumpridos 2 anos) polo tanto a pena máxima quedará en 1 ano e 3 meses ??? Eu sei de rouba galiñas que se pasan 5 anos no cárcere sen que ninguén se lembre deles! Pero cando falamos de Cataluña énchesenos a boca para que ninguén pregunte onde van os millóns do 3% ???

1 De Galicia

Ben falado, pero o verdadeiro problema do nacionalismo é que nubla toda razón.

2 Sentidiño

Qué dureza, Gamela! Qué pouca empatía! Dous ministros de Felipe González foron xulgados e condeados por terrorismo. Pasaron na cadea dous meses. E como Urdangarín (seguindo os miserables da Voz e de Madrid) "a cuerpo de rey" (de rei Felipe, supoño).

3 Fran Correa

Camela, que importa se cometeron algún delito, verdade? Se en Bélxica non o viron nin se contempla a sedición, ou o que dirá outra vez o TEDH, pois España é democracia e hai separación de poderes! Menos aínda se saltamos a aportación de provas, o dereito a xuiz natural (en Catalunya), para que o faga un tribunal político de Madrid! Que dous activistas sexan condenados, podendo aplicar a xurisprudencia do TS desde hoxe a cualquera manifestante! Xustiza é que se hai presos por necesidades económicas, xustificamos os presos políticos e disidentes na cadea! E se uns cataláns rouban, todos os que comparten ideoloxía deben prenderse! Que o demo nos protexa da idea de xustiza do Camela! Disimula mellor o cheiro a rancio españolismo!

4 Casilda

Que casualidade, Gamela coincide cos supremacistas, nacionalistas españois que son un residuo dos imperialistas fracasados, camisas vellas e revanchistas. Como tamén o fai con Gloria Lago, Hablemos Español, por acaso. Que coincidencias, nada para sospeitar!

5 Alienao

Descolinícese galleguiño, descolonícese!

6 Txu Pa MA

Pero Gamela aínda engana a alguén?

7 Noncola

Andan cerca as eleciòns e xa está Gamela co seu típico troleo queda “bien” ao estilo dos larangitos con mensaxes onde mestura o touciño coa velocidade. Como cando defende o indefendible sobre as touradas https://www.galiciaconfidencial.com...

4 Bismutiño

Una pantomima. En cualquier país de la Europa civilizada, no digamos en Rusia o Ucrania, a estos golpistas les habrían metido 30 años en una cárcel infinitamente peor del hotel de cinco estrellas que tendrán aquí.

3 ModeloFrancés

Los independentistas gallegos son comunistas, que desde el 19 de septiembre pasado están equiparados a nacional-socialistas, es decir, son monstruos. Si la opinión de estos últimos es irrelevante, está claro que la de los primeros es igual de irrelevante. Lo de farsa judicial y demás entra dentro del guión previsto. Dice una vieja experiencia popular que "un comunista nunca dice la verdad. Un comunista es un tío más falso que un duro de madera y va por detrás". Hay que ilegalizarlos y cerrar sus librerías y editoriales como se hizo con la librería Europa de BCN.

2 seixocici

Nunha xornada triste para a democracia e cando se fala de xustiza, a vergoña está na resposta de Ana Pontón "iso xa se verá"! Iso é dar prioridade ao sustento da UPG por parte do PsoEspañol! Iso é ser cómplice coa xustiza franquista, coa represión das ideas, contra a elemental liberdade de decidir e colaborar cos que teñen exiliados e presos políticos! Iso é ser parte dun noxento sistema! Ana Pontón, unha vez máis, acaba de retratarse! E non, non saiu favorecida na foto... Que lle preste o banquete na mesa co PsoEspañol!

1 Ondina

Galiza primeiro. É tan difícil? O BNG non ten transferidas as competencias de indultos... Pra reclamalas habería que estar en Madrid pero alí só hai 23 madrillegos.

2 Alpinista

Pedir un indulto é asumir a condena, lexitimar unha farsa de xuizo, dobregarse ante unha inxustiza (hoxe son cataláns, mañá poden ser galegos, estudiantes, feministas...). Non era tan difícil saber respostar. Salvo que perigue o negocio particular! Serao para os intereses da sucursal do PsoE en Galiza que lidera Ana? Até pode que no BNG TAMÉN haxa madrillegos? Pregúntalle á alcaldesa de Moaña que coloca pantallas xigantes para ver a La Roja, igual que facía Severino de Monforte, que inaugura fontes e até dedica avenidas ao ministro fascista, ao Lores subvencionador da Fiesta Nacional, ou ao de Ribadeo que agasalla aos Borbóns (caso Pequeño Nicolás) e realiza ofrendas ultracatólicas polos Remedios de Mondoñedo... Pactos co demo a cambio de regalías. E débedas sen amortizar coa banca española!

3 Desfeita

Sacrificarían os cataláns ou os vascos os seus intereses por solidariedade cos galegos? Eis a resposta.

4 Alpinista

Formulo de novo: Cal é a diferenza entre un intereseiro españolista e un nacionalista periférico que vai ao seu? Como dereitista reaccionario igual precisas parapeto identitario ou esencialista para xustificarte. Logo, retomemos a escravitude de terceiros, erguamos fronteiras e acreditemos que podemos resolver por nós. A esquerda antes era outra cousa... Xa sei que o BNG está na esquerda, da man do PsoE, que todos aseguramos que é a esquerda, permita que me ría. E tamén o BNG é nacionalista galego, por iso pacta co españolismo (aquí é onde hai que ler a cobarde resposta da Ana Pontón diante do PsoE), non deixaba de rir se o asunto non fose patético. E non será que o BNG perdeu o Norte ou pérdese pola graxa (Bautista Álvarez)?

5 Desfeita

En efecto, non hai diferenza. Os nacionalismos periféricos, nomeadamente o catalán, adoitan ser reflexos no espello do nacionalismo español. O ideal de ERC e o PDECat é facer a súa pequeña España con todos os defectos da grande. Por iso a súa causa non merece solidariedade ningunha. Outra cousa é que os dereitos humanos, civís, sociais e nacionais son universais. Non podemos defender os nosos sen defendermos tamén os dos cataláns, os vascos, os canarios, os andaluces...