Sondaxe dá a vitoria ao PP en Galicia, un ascenso de Galicia en Común e o regreso do BNG ao Congreso

A enquisa outorga 10 escanos aos 'populares', nove aos socialistas, tres a Galicia en Común e un aos nacionalistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2019 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O Partido Popular adiantaría ao PSOE e queda con 10 escanos mentres que os socialistas caerían ata os nove nas próximas eleccións xerais do 10 de novembro. Pola súa banda, Galicia en Común sumaría tres representantes, un máis que os conseguidos o pasado 28 de abril, o BNG volvería ao Congreso cun deputado pola Coruña e Ciudadanos, Más País e Vox non conseguerían representación, segundo a última enquisa de Sondaxe publicada este domingo por La Voz de Galicia.

Urna electoral en Santiago de Compostela
Urna electoral en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

Deste xeito, os populares conseguirían un escano máis que o PSOE nos próximos comicios en Galicia e, ao mesmo tempo, remontarían o seu resultado do 28 de abril —momento no que obtiveron 8 representantes— para situarse como primeira forza.

Tamén obtería maior número de deputados que nos pasados comicios Galicia en Común, a coalición de Podemos e Esquerda Unida —esta vez sen Equo—, que en lugar de dous sumaría tres representantes no territorio galego.

Se os vaticinios de Sondaxe se cumpren, o partido que lidera Ana Pontón volvería ao Congreso despois de perder a representación nas eleccións de 2015. A Coruña é a provincia na que o Bloque consegue representación, polo que Néstor Rego pasaría a ser deputado na Cámara Baixa.

Por outra banda, nin Más País nin Ciudadanos nin Vox conseguirían escanos por Galicia. A pesar de que anteriores enquisas se daban deputados a Íñigo Errejon e a Albert Rivera en Galicia.

VALORACIÓN DE LÍDERES

En canto á valoración dos líderes políticos, a enquisa de Sondaxe, constata que o presidente do Goberno en funcións e candidato do PSOE, Pedro Sánchez, é o preferido a nivel estatal, cunha nota de 4,01 puntos sobre 10.

Ao socialista séguelle de preto o presidente do PP, Pablo Casado, que remonta cun 3,64. En terceiro lugar, cunha nota de 3,37, sitúase o líder de Más País, Íñigo Errrejón, seguido de Pablo Iglesias (3,34) e, á cola, Albert Rivera (3,31) e Santiago Abascal (2,76).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Casilda

Que a ledícia sexa efémera! O 10N pola noite, a estás horas, a UPG estará autoxustificándose: 'estivemos case a punto', 'estamos no camiño certo', 'avanzamos, aínda que as eleccións foron en clave estatal, e os medios xa se sabe'. Unha mágoa, ou non tanta, pois o negocio da UPG vai seguir, e como sucursal do PsoEspañol sempre terán colocación os caciques da U. E a xente? Iso impórtarlles tanto ao Partido Podre, como aos neofascistas de Vox e Ciudadanos, ao falsario PsoE, ao vendido PcE e postureo podemita ou á UPG: nada!!!

1 Gamela

a todos éncheselle a boca coa palabra "democracia" cando o que buscan é o "poder" (para PODER dicirnos, unha vez máis, que debemos seguir tirando do carro que os leva cómodamente a vivir das institucións para non cambiar absolutamente NADA!) http://gamela00.blogspot.com/2018/0...

2 nostrus

No te deprimas Casilda porque que el bloque tenga poco poder es una buena noticia. Asi la gente lo tiene mas facil para hacer lo que le de la gana con su vida sin que nadie se le entrometa en ella. El RNG es una version moderna del fascismo.

3 La pastillita loqui

Limportan mucho a tu azmirado Louzán loquito

4 Casilda

Hai pobres humanos que se definen sós, "la pastillita loqui/loquito". Visto que nada che importa a xente, pouco os argumentos, e moito os alimentos desde un disimulado castrapeiro, teño que informarte que voto na demarcación de Lugo, logo nada sei de amizades co Louzán, salvo que no seu novo posto ben retribuído con cartos públicos non tiña candidato alternativo: tamén era o candidato dos 'futbolistas' da UPG-BNG!!! A chupar no paripé da política alternativa!!!

4 Alienao

Forza bloque!!!!!!!

3 Gamela

Baixo o hashtag #DemocraciaBloqueada acabo de recoller unha nova medalla á liberdade de expresión ! https://twitter.com/hashtag/democra... Sempre dixen que esto do tuitter non é máis cunha rateira !!! Para que imos votar o sábado? Para que sigan comendo á nosa conta ? Como se pode ver na enquisa TODOS SUSPENDEN !!! Imos votar aos peores da clase!!!

1 Gamela

Mira tí por onde coincidimos no diagnóstico: "Non vexo a ninguén capaz de frear, polos métodos que for necesario, a gangrena que corroe aos valores democráticos da nosa sociedade" http://www.galiciaconfidencial.com/... Supoño que o dereito a discrepar quedará abolido a partires do 10N

2 antón de guizán

Hai moito tempo que La Voz de Galicia traballa para o PP, que é quen a mantén, e tamén para o BNG

1 Xanc

Esa foi a enquisa de onte... Por certo, no Faro de Vigo dan 1 ou 2 ao BNG